Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2003 Páx. 560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno desta corporación, adoptado en sesión extraordinaria celebrada o día 22 de novembro de 2002, aprobouse con carácter inicial a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal de Noia, que ten por finalidade a reordenación urbanística no ámbito da UA-3 de San Lázaro.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que o expediente a que se refire o mencionado acordo, a teor do preceptuado no artigo 42.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, do 24 de marzo, queda sometido a información pública, polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que durante o expresado período de tempo cantas persoas se consideren interesadas poidan examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, así como formular por escrito, que presentarán no rexistro xeral deste concello, cantas alegacións consideren pertinentes ó seu dereito.

Noia, 27 de novembro de 2002.

Rafael García Guerrero

Alcalde