Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2003 Páx. 558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002 pola que se fai publica a adxudicación do concurso público restrinxido para a contratación dos servicios de desenvolvemento e mantemento de aplicacións de xestión de procedementos (C.R. 1/2002).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Número de expediente: C.R. 1/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento de aplicacións informáticas de xestión de procedementos para o Igape e servicio de mantemento.

c) Boletín oficial ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOCE 2002/S 50 do 12 de marzo, BOE nº 62 do 13 de marzo, DOG nº 51 do 12 de marzo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, restrinxido, concurso.

4. Orzamento base de licitación: 475.992 A, IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 15 de maio de 2002.

b) Contratista: Altia Consultores, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 456.960 A, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica