Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2003 Páx. 558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 4 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia no expediente DP-715/97.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación

persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo presidente do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luis Seoane s/n (edificio administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 4 de decembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: DP-715/97.

Interesada: Francisca Graña Gen.

NIF/CIF: 32590996.

Acto notificado: resolución de recurso ordinario.