Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2003 Páx. 508

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se convocan probas para a constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transportes de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor.

A Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e o seu regulamento, aprobado por Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, determinan que para o exercicio das actividades de transportistas de viaxeiros e mercadorías por estrada, de axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, será necesario acreditar previamente o cumprimento do requisito de capacitación profesional. Para estes efectos, e de conformidade co establecido na Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo, pola que se delega na Comunidade Autónoma de Galicia a competencia para a convocatoria, realización e avaliación das probas e posterior expedición do título, procede convocar aquelas, así como determina-las datas de celebración das probas e dos tribunais que as avaliarán.

A orde ministerial do 28 de maio de 1999 (BOE nº 139, do 11 de xuño), de desenvolvemento do capítulo primeiro do título II do regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, sobre condicións previas para o exercicio das actividades de transportista e auxiliares e complementarias do transporte, modifica o réxime das probas para a obtención da capacitación profesional, refundindo e establecendo unicamente as modalidades de transporte interior e internacional de mercadorías e a de transporte interior e internacional de viaxeiros.

Por iso, a convocatoria prevé as probas referidas a dúas modalidades actualmente vixentes de acceso á capacitación profesional (1. Transporte interior e internacional de viaxeiros e 2. Transporte interior e internacional de mercadorías).

Na súa virtude, de conformidade coas previsións contidas na Lei 16/1987 e Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo, Real decreto 1551/1988, do 23 de decembro (BOE nº 311, do 28 de decembro), Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (BOE nº 260, do 30 de outubro) e orde ministerial do 28 de maio de 1999 (BOE nº 139, do 11 de xuño) e de acordo coa autorización conferida pola orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 8 de xuño de 1989 (Diario Oficial de Galicia nº 119, do 22 de xuño),

DISPOÑO:

Artigo único.

Convócanse probas de capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportista por estrada, de axencia de transporte de mercadorías, tran

sitario e almacenista-distribuidor, procedéndose a designa-lo tribunal encargado de avalialas, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Ámbito das probas.

Convócanse probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportista por estrada, de axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor; que se celebrarán na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-Exercicios.

Os exercicios de que constarán as probas, a súa estructura e forma de cualificación serán as establecidas na orde do Ministerio de Fomento do 28 de maio de 1999 (BOE nº 139, do 11 de xuño), reguladora das probas citadas.

Os exercicios de capacitación para transportistas de viaxeiros e mercadorías por estrada, axencia de transporte, transitario e almacenista-distribuidor versarán sobre o coñecemento das materias incluídas no programa que figura como anexo B da citada orde ministerial do 28 de maio de 1999.

Terceira.-Solicitudes.

1. A instancia na que se solicita tomar parte nas probas debidamente cuberta, de conformidade co modelo que se xunta a esta resolución (anexo I), presentarase no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita no edificio administrativo de San Caetano, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios previstos no disposto na vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

2. Á solicitude deberá xuntarse a fotocopia do DNI vixente e o impreso de taxa de autoliquidación correspondente á Administración, cando se produzan as circunstancias regulamentariamente previstas que posibiliten presentarse ás probas, nun lugar distinto daquel en que o solicitante teña o seu domicilio habitual, os documentos acreditativos das devanditas circunstancias.

3. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación fornecida polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

Cuarta.-Dereitos de exame.

1. De conformidade co artigo 21.2º da Lei 13/1991, do 9 de decembro (Diario Oficial de Galicia nº 241 do 13 de decembro), Lei 6/2002, do 27 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro de 2000) os dereitos de exame fíxanse na cantidade de dezaoito con noventa e un euros (18,91 A), por cada unha das actividades mencionadas ás que cada interesado se presente, e ingresaranse unha vez cubertos os impresos de taxas (consellería de: PTOPV, cód.: 06; delegación de: SSCC, cód.: 13, servicio de: transportes, cód.: 02; denominación: dereitos exame capacitación; clave: 31.01.06), que se poderán obter nos servicios centrais da Consellería de Política Terri

torial, Obras Públicas e Vivenda, nos servicios provinciais de Transportes ou nas delegacións provinciais da citada consellería.

2. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda procederá a revisalas.

Finalizado o proceso, exporase nos taboleiros de anuncios dos organismos a que fai referencia o punto anterior a lista provisional de excluídos con indicación do motivo da súa exclusión.

3. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da exposición da citada lista para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

4. Á vista das peticións de emenda presentadas, a Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se anuncia a exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos nos organismos a que fai referencia o número 1 da base cuarta.

5. Devolveranse os dereitos de exame ós solicitantes excluídos definitivamente das probas, sempre que no prazo dun mes contado a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de referencia no número 4 da base cuarta, sexa solicitado segundo o modelo que figura na presente resolución como anexo II.

Quinta.-Tribunal, datas e lugar dos exames:

1. O tribunal cualificador das probas estará constituído polos seguintes membros:

Presidente:

David González Coalla, Dirección Xeral de Transportes

Presidente suplente:

Jorge Veiga Lendoiro, Dirección Xeral de Transportes.

Vocais:

Javier García de Bidegain, Dirección Xeral de Transportes.

Carmen Rodríguez Lago, Dirección Xeral de Transportes.

Manuel Grande Grande, Dirección Xeral de Transportes.

Vocais suplentes:

Antón García Río, Dirección Xeral de Transportes.

Mª Cruz Tomé Navas, Dirección Xeral de Transportes

Luisa García Vilela, Dirección Xeral de Transportes.

Secretario:

Jesús Magariños Negreira, Dirección Xeral de Transportes.

Secretaria suplente:

Pilar Méndez Vázquez, Dirección Xeral de Transportes.

Para os efectos do disposto no artigo 26 do Decreto 299/1990, do 24 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 1 de xuño), o tribunal cualificador das probas cualificarase como de primeira categoría.

2. Calendario, horario e lugar.

Os exercicios celebraranse o día 10 de maio de 2003 no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, co seguinte horario:

9.30 h. Transporte interior e internacional de mercadorías para aqueles aspirantes nos que a primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras A-H (ambas inclusive).

16.30 h. Transporte interior e internacional de mercadorías para aqueles aspirantes nos que a primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras I-Z (ambas inclusive).

9.30 h. Transporte interior e internacional de viaxeiros para aqueles aspirantes nos que a primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras I-Z (ambas inclusive).

16.30 h. Transporte interior e internacional de viaxeiros para aqueles aspirantes nos que a primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras A-H (ambas inclusive).

As portas do recinto abriranse 30 minutos antes da hora fixada para o inicio dos exercicios procedéndose ó seu comezo na hora sinalada. Os aspirantes deberán acudir provistos de bolígrafo de tinta azul, DNI e o comprobante do pagamento da taxa.

Sexta.-Domicilio e requisitos dos aspirantes.

1. Os aspirantes deberán presentar ó tribunal no momento do comezo dos exercicios o orixinal do seu documento nacional de identidade, debendo esta-lo enderezo que figure neste incluído no ámbito territorial de Galicia.

2. O enderezo que figure na solicitude considerarse como único válido para efectos de notificación, sendo responsabilidade exclusiva do solicitante tanto o erro na súa consignación como a comunicación á Dirección Xeral de Transportes de calquera cambio deste.

3. Cando se produzan cambios de enderezo que non sexa posible reflectir no DNI, o enderezo poderase xustificar mediante un certificado de empadroamento expedido polo correspondente concello, no que figure a data de alta no padrón municipal. Cando se trate de persoas que estean prestando o servicio militar fóra do seu lugar de residencia, poderán presentarse ás probas nun lugar distinto deste, se presentan o orixinal do certificado expedido para o efecto polo xefe da súa respectiva unidade.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2003.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes