1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, Inludes.
2. Obxecto: asistencia técnica para a coordinación nacional e transnacional do Plan de Acción 2 do programa de traballo Lugo Emprende).
3. Orzamento: douscentos trece mil setecentos setenta e sete (213.777) euros.
4. Duración do contrato: 24 meses desde a data de adxudicación.
5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.
6. Información: Oficina de Apoio.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.
c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 2, do 3 de xaneiro de 2003.
Lugo, 3 de xaneiro de 2003.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo