Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2003, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de asistencia técnica.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, Inludes.

2. Obxecto: asistencia técnica para a elaboración de análises e estudios adaptados ás necesidades do emprendedor (Plan de Acción 3 do programa Lugo Emprende).

3. Orzamento: corenta e cinco mil (45.000) euros.

4. Duración do contrato: 6 meses desde a data de adxudicación.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Oficina de Apoio.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 2, do 3 de xaneiro de 2003.

Lugo, 3 de xaneiro de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo