Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de decembro de 2002, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00294-I-2002).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo inciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante esta Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2002.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00294-I-2002

M-9192-IU

3328943324L145100493

Luis González García

Rivera, 22

36900 Marín (Pontevedra)

Realizar transporte de mercadorías (terra) co vehículo matrícula M-9192-IU (ríxido de 3 eixes), que está provisto de autorización da serie MDP-L, que presenta un peso total en báscula de 30.250 quilogramos, estando autorizado para un PMA de 26.000 quilogramos, o que supón realizar transporte cun exceso de 4.250 quilogramos que representan un 16% de exceso sobre o seu peso máximo autorizado.

11-11-2002; 12.50; N-558; 4

Art. 200.3º R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

900 euros