Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 472

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de decembro de 2002 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Advertido erro no anexo III da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 250, do 27 de decembro de 2002, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Anexo III. Méritos que fan constar relativos ó sistema de acceso libre:

Onde di: «Base II.1.3. Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo..... do corpo..... da Administración..... e escala de.....», debe dicir: «Base II.1.3. Persoal funcionario ou interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo..... do corpo..... da Administración..... e escala de.....».