Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 471

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2002 pola que se lles dá publicidade ós beneficiarios de axudas financeiras concedidas ó abeiro da Orde do 7 de xullo de 1997 con proxectos que superan os 50 millóns de investimento subvencionable.

Con data do 21 de xullo de 1997, DOG nº 139, publícase a Orde do 7 de xullo de 1997 pola que se establece un programa de axudas ós proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable, modificada pola Orde do 27 de xullo de 2000 (DOG nº 170, do 1 de setembro).

O artigo 13 da Orde do 27 de xullo de 2000 establece que as axudas concedidas a aqueles proxectos que superen os 50 millóns de pesetas de investimento

subvencionable (ou o seu contravalor en euros), serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Darlle publicidade á relación de beneficiarios de axudas financeiras, que figura como anexo, dos que o seu proxecto de investimento subvencionable supera os 50 millóns de pesetas.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO

Nº expedienteNome/Razón socialInvestimento

(euros)

Subvención

(euros)

Emprego que se

vai crear

00/0141/POGenentech España, S.L.23.007.224,171.610.505,6950

00/0183/COMateriales del Atlántico, S.A.10.983.568,33659.014,1025

00/0152/POInter Burgo Vigo, S.A.7.340.052,65367.002,6324

01/0195/COTafiber Tableros de Fibras Ibéricos, S.L.71.043.880,004.262.632,8091

01/0044/ORNatur-Hotel Spa Allariz, S.A.10.704.210,55642.252,6351

01/0201/COHotelera Noroeste, S.A.3.080.391,35154.019,5735

01/0046/ORXardín das Burgas, S.A.19.029.900,871.141.794,0563

01/0165/POTerminales Marítimas de Vigo, S.L.6.232.495,52373.949,737

01/0057/LUBalneario do Río Pambre, S.L.862.873,0560.401,119

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA