Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2003 Páx. 447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro do 2002 pola que se aproba a ampliación do Plan eólico estratéxico presentado pola empresa Energía de Galicia, S.A. denominado P.E.E. Engasa.

Examinado o expediente instruído por instancia de Energía de Galicia, S.A. con domicilio para efectos de notificacións en r/ Londres, 11-baixo (Polígono das Fontiñas), 15707 A Coruña, sobre aprobación do P.E.E. Engasa; esta consellería ten en conta os seguintes antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 9 de novembro de 2001, Benito Fernández González, en nome e representación de Energía de Galicia, S.A., solicitou a aprobación do Plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Engasa, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A petición de aprobación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 4 de febreiro de 2002, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A devandita resolución foi publicada no Boletín Oficial del Estado do 2 de marzo de 2002, e no Diario Oficial de Galicia do 5 de marzo do mesmo ano.

As características principais do P.E.E. Engasa que foron sometidas a información pública son:

NomeProvinciaConcellosVértices

áreaXY

1CarracedoLugoMuras1

2

3

4

5

6

7

8

0.602.000

0.602.500

0.602.500

0.602.000

0.602.000

0.601.900

0.600.850

0.601.595,06

4.813.000

4.813.000

4.812.000

4.812.000

4.810.714,29

4.810.800

4.810.650

4.812.797,53

2XiabrePontevedraCaldas de Reis

Catoira

Vilagarcía

1

2

3

4

5

0.521.000

0.526.000

0.527.000

0.524.000

0.521.000

4.720.000

4.722.000

4.720.000

4.718.000

4.718.000

2Serra do Eixe IOurenseO Barco de Valdeorras

A Veiga

Carballeda

1

2

3

4

5

6

7

8

9

0.666.050

0.667.600

0.674.400

0.675.050

0.680.400

0.681.450

0.680.700

0.674.950

0.668.100

4.691.950

4.692.100

4.687.150

4.685.300

4.683.000

4.680.850

4.680.650

4.683.450

4.689.000

3BaldaioA CoruñaArteixo

A Laracha

Carballo

1

2

3

4

5

6

0.530.500

0.537.500

0.539.000

0.539.000

0.535.000

0.530.000

4.796.000

4.795.500

4.797.000

4.794.000

4.792.000

4.792.000

4Cova da SerpeLugoFriol

Sobrado

Toques

Curtis

Guitiriz

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

0.585.000

.0.587.000

0.588.000

0.591.000

0.590.000

0.592.000

0.587.000

0.584.000

0.585.000

0.587.000

0.585.000

4.780.000

4.780.000

4.774.000

4.774.000

4.770.000

4.762.000

4.762.000

4.768.000

4.770.000

4.771.000

4.776.000

Durante o prazo de información pública presentouse a seguinte solicitude en competencia formulada por:

1) Cortizo Eólicas, S.L.

Así como as seguintes alegacións:

2) Eurovento, S.L., que alega incoherencia na planificación enerxética, ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo o artigo 5 do D205/2001.

3) Sinae, que alega superposición de áreas.

4) Julio Álvarez Quiroga, que alega superposición de áreas con explotación graniteira e outros recursos mineiros.

5) Unitec Técnicas Unidas, S.L., que alega superposición de áreas.

Terceiro.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Viabilidade do plan tecnolóxico industrial e previsións de desenvolvemento.

-Investimentos previstos e tempo de execución.

-Capacidade técnica e financeira do promotor.

-Achegas e efectos industriais, socioeconómicos, tecnolóxicos e ambientais do plan.

-Desenvolvementos vinculados a terreos e concellos afectados.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo cal se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, así como o disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas e en tramitación paralela de aprobación do Plan eólico estratéxico, os criterios seguidos de forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito terceiro, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista de infraestructuras en canto á rede de transporte de enerxía eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación contemplados.

Terceiro.-Con respecto ás alegacións referidas ás posibles reposición das áreas publicadas con outras pertencentes a plans eólicos xa aprobados, débese sinalar que de ningún modo se vulnerarán na aprobación de calquera novo plan os dereitos adquiridos polos titulares dun plan anterior no tempo, polo que, en todo caso, a área solicitada ou non se lle concedería ou adecuaríase nas súas coordenadas para que esa superposición desaparecese.

Cuarto.-No referido á superposición con zonas susceptibles de seren explotadas por medio de explotacións mineiras, débese sinalar que a dita probabilidade non ten por que necesariamente facer incompatibles os dous tipos de proxectos, circunstancia que, en todo caso, se resolvería no momento en que existise esa colisión, xa que non pode ser decidido de forma apriorística.

Quinto.-No referido ás alegacións realizadas discutindo a ausencia de requisitos mínimos na publicación do plan, débese indicar que a publicación reúne os requisitos exigidos no artigo 5 do Decreto 205/1995 de aplicación a este procedemento, resultando por outro lado chocante que as ditas alegacións veñan expostas pola Asociación Eólica de Galicia e polas empresas con plan eólico en vigor, cando para a aprobación dos plans das empresas adscritas a esa asociación e dos das empresas alegantes se seguiu o mesmo procedemento e cos mesmos condicionantes que agora intentan refutar.

Sexto.-Non existe por outro lado incoherencia ningunha coa planificación enerxética. A Xunta de Galicia ten como horizonte acada-los 4.000 MW eólicos no ano 2010; para chegar a esta meta considerase que o instrumento principal, como vén sendo ata agora, son os plans eólicos empresariais (denominados estratéxicos na anterior nomenclatura do Decreto 205/1995), e é a través deles e dunha planificación periódica anual, respectando sempre os compromisos adquiridos, como se intenta chegar ós feitos antes expostos.

Sétimo.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas ou debido á súa inviabilidade. Por outro lado, a determinación espacial das áreas aprobadas debe ter en conta o disposto na modificación do Plan sectorial eólico de Galicia, en tramitación nestes momentos, polo que se deben adapta-las coordenadas das distintas áreas ó reflectido nel. Tamén se toma en consideración para a autorización do plan a incidencia que ten o plan industrial da devandita empresa que se detalla no anexo II, na estructura socioeconómica da Comunidade Autonómica de Galicia, sendo esta circunstancia un dos motivos prioritarios para a autorización recollidos no artigo 7 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Do exposto extráese como consecuencia que o Plan solicitado non pode ser concedido na extensión requirida pola peticionaria e, polo tanto, que se debe conceder á empresa Energía de Galicia, S.A. autorización para realiza-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Desta forma, o Plan eólico estratéxico amplíase nunha área, sendo a súa potencia autorizada de 40 MW.

Oitavo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE

-Aproba-la ampliación do plan eólico estratéxico P.E.E. Energía de Galicia referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 40 MW.

A presente resolución implica o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas devanditas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo. Sen embargo, o desenvolvemento dos parques eólicos derivados destas áreas compatibilizarase coa posible inclusión de parque eólicos singulares nos mesmos.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula á Administración e a Energía de Galicia, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do devandito Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase conforme as seguintes condicións:

Primeira.-Energía de Galicia, S.A. iniciará a execución do plan industrial no prazo de seis meses a partir da aprobación deste plan estratéxico, debendo executalo nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que coide pertinente co obxecto de verifica-lo cumprimento do establecido neste punto.

Segunda.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou dalgunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que

se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución destas actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos o xustifica, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Terceira.-Energía de Galicia, S.A. deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio que conterá os siguientes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego xerado.

-Participación de entidades galegas.

-Energía de Galicia, S.A., así mesmo, deberá remiti-los datos que se esixan na orde que desenvolva o sistema informático de captación e procesamento dos datos enerxéticos de Galicia (Sicabde), nos parámetros e forma en que veña determinado.

Cuarta.-A empresa Energía de Galicia, S.A. participará na execución do plan industrial que teñan aprobado os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Quinta.-A empresa Energía de Galicia, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Sexta.-O presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción

contenciosa-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden procedente.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250, do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas do P.E. estratéxico

NomeProvinciaConcellosVértices

áreaXY

2XiabrePontevedraCaldas de Reis

Catoira

Vilagarcía

1

2

3

4

5

0.521.000

0.526.000

0.527.000

0.524.000

0.521.000

4.720.000

4.722.000

4.720.000

4.718.000

4.718.000

Potencia eólica estimada das áreas en estudio 40 MW

ANEXO II

Documento de síntese

-Plan eólico estratéxico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración ata o ano 2010 e suporá un investimento global estimado de 7.000.000 de euros na área autorizada.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Energía de Galicia, S.A. realizará a investigación de 1 área facendo un investimento total de 12.020 euros, alcanzando un investimento medio de 12.020 euros/ área.

Co obxecto de coordina-los resultados da investigación co resto de plans eólicos estratéxicos aprobados, a empresa Energía de Galicia, S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

-Plan industrial.

A empresa Energía de Galicia, S.A., colaborará na implantación e desenvolvemento do Plan de fomento da enerxía solar que executará a Consellería de Industria e Comercio a través do Inega.

As súas achegas realizaranse do seguinte xeito:

-3.000 euros/MW autorizado achegaranse ó Plan antes da finalización de 2003.

-Anualmente achegarase unha cantidade equivalente ó 0,5% da facturación dos parques eólicos que se poñan en funcionamento en desenvolvemento do plan.

Estas actuacións poderán ser substituídas por outras equivalentes relacionadas coa fabricación de paneis solares que realice o promotor en instalacións establecidas na Comunidade Autónoma galega.