Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2003 Páx. 444

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de decembro de 2002 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática.

Advertido erro no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 250, do 27 de decembro de 2002, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Na base II.1.1.6, onde di: «...en ningún caso poderá exceder de 22,50 puntos conxuntamente», debe dicir: «...en ningún caso poderá exceder de 30 puntos conxuntamente».