Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2003 Páx. 454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 3 de decembro de 2002, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Por medio desta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748 do Banco Galle

go, sucursal 0101; rúa Concepción Arenal nº 19 da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 de la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte ó desta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que e conste lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 3 de decembro de 2002.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Quinteiro Pinto, José María53160158Asistencia sanitaria27-9-2001456,50 euros

López Lastra, José Luis32818517Asistencia sanitaria24-1-2002223,37 euros

Navajas Méndez, Ignacio46903667Asistencia sanitaria13-3-2001215,40 euros

Lorenzo Otero, Daniel32654521Asistencia sanitaria13-4-2001223,37 euros

Vallo Fernández, José Andrés32442376Asistencia sanitaria10-5-2001223,37 euros

Pereda Salgado, Begoña32777731Asistencia sanitaria13-3-2002223,37 euros

Martínez Vázquez, Elena32753297Asistencia sanitaria27-4-2002223,37 euros