Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2003 Páx. 453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2002, da Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e anticipado de gasto, do servicio de seguridade deste hospital. (Expediente CP2/2003).

A Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002, convoca a seguinte contratación, polo sistema de concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Hospital Nicolás Peña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións.

c) Número de expediente: C.P. 2/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de seguridade do Hospital Nicolás Peña.

b) Lugar de execución: Hospital Nicolás Peña.

c) Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 150.000 A, IVE Incluído.

5. Garantía provisional: 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Hospital Nicolás Peña. Servicio de Subministracións.

b) Enderezo: avenida das Camelias, 109.

c) Localidade e código postal: 36211 Vigo.

d) Teléfono: 986 21 91 04/986 21 91 08.

e) Fax: 986 21 91 05.

f) Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría C.

b) Solvencia económica, financeira e técnica: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite: antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver pregos.

c) Lugar e forma de presentación: no rexistro xeral do Hospital Nicolás Peña, avenida das Camelias, 109, 36211 Vigo, en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña. Avenida das Camelias, 109, Vigo.

b) Data e hora: a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións. En caso de que este día coincida en

sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento dos anuncios será por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: http://www.sergas.es.

Vigo, 9 de decembro de 2002.

Bibiano Fernández-Arruti López

Director xerente do Hospital Nicolás Peña de Vigo