Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 4 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de derivación de responsabilidade, pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (José Manuel Fernández Oliveira).

De conformidade co disposto no artigo 22 da Lei 1/1998, de dereitos e garantías do contribuínte, ó obxecto de concede-lo debido trámite de audiencia, procédese á posta de manifesto de actuacións, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con domicilio en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedor: José Manuel Fernández Oliveira.

NIF/CIF: 34885214-X.

Zona de recadación: Vigo.