Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2003 Páx. 329

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 17 de decembro de 2002 pola que se modifican determinadas ordes de creación de ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde.

A Constitución española no seu artigo 18.4º dispón que «a lei limitará o uso da informática para garanti-lo honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos».

Neste sentido, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, así como toda modalidade de uso posterior deles polos sectores público e privado. Neste marco, é obxecto desta regulación a garantía e protección dos dereitos fundamentais e liberdades públicas das persoas físicas, e especialmente do seu honor e intimidade persoal e familiar.

O artigo 20.1º da devandita lei dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

As ordes do 27 de xullo de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30 de xullo), 2 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 40, do 26 de febreiro) e 25 de xaneiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 38, do 21 de febreiro) crearon determinados ficheiros automatizados de datos de carácter persoal na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde, ó abeiro do disposto na Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de regulación do tratamento automatizado de datos de carácter persoal e, con posterioridade, da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal que veu substituí-la anterior.

A conveniencia de adapta-los ficheiros creados polas citadas ordes ás novas necesidades e ó cambio lexislativo operado na materia xustifica a súa modificación, limitada no presente caso, ó cambio dalgunhas das características definidoras de determinados ficheiros existentes.

En consonancia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto a modificación das ordes do 27 de xullo de 1994, 2 de febreiro de 2001 e 25 de xaneiro de 2002 polas que se crearon determinados ficheiros automatizados de datos de

carácter persoal na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde. Os ficheiros que se modifican quedan redactados como figura no anexo da presente orde.

Artigo 2º.-Contido.

A información que esixe o artigo 20.2 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para a modificación de ficheiros, está contido no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros modificados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, modificados pola presente orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ó disposto na normativa vixente na materia.

Artigo 5º.-Órganos responsables da seguridade dos ficheiros.

Serán responsables dos ficheiros as persoas ou órganos que, en cada caso, figuran no anexo. Así mesmo, no citado anexo enuméranse as unidades ante as que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación ou cancelación, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia dos datos corresponde ó empregado público que estea ó cargo do ficheiro correspondente.

Artigo 6º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros están especificadas no correspondente documento de seguridade en función do nivel en que estes se clasifican.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

1. Usuarios do sistema sanitario.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Coñece-la identidade das persoas que desfrutan ou que teñen dereito a desfrutar prestacións sanitarias, así como os seus datos persoais para a identificación e asociación de datos da historia clínica, xestión da actividade financeira, docente, producción de estatísticas e investigación sanitaria.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas que acceden ou poden ter acceso ó sistema sanitario.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios ou cupóns.

Transmisión electrónica de datos/Internet.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº S.S./Mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono e CIP.

-Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data/lugar de nacemento, sexo, nacionalidade, lingua materna e datos de tarxeta sanitaria.

-Datos académicos e profesionais: formación/titulacións.

f) Cesións previstas

-Consellería de Sanidade.

-Outros organismos sanitarios.

g) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

-Consellería de Sanidade, Servicio Galego de Saúde e a Secretaría Xeral.

h) Servicio ou unidade ante os que poderá exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados.

-A Coruña:

Delegación Provincial da Coruña

Dirección Xeral de Saúde Pública.

-Lugo:

Delegación Provincial de Lugo.

-Ourense:

Delegación Provincial de Ourense.

-Pontevedra:

Delegación Provincial de Pontevedra.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.

2. Xestión de usuarios e passwords dos sistemas.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Xestión e control de accesos ós sistemas de información do Sergas y Consellería de Sanidade.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Calquera persoa física que teña relación laboral co Sergas e que sexa usuario dos sistemas informáticos.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios ou cupóns.

Transmisión electrónica de datos/Internet.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos e teléfono.

-Datos de detalles do emprego e carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo e dirección do centro de traballo.

f) Cesións previstas.

Consellería de Sanidade.

g) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade, Servicio Galego de Saúde.

h) Servicio ou unidade ante os que poderá exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados (para o Sergas).

-A Coruña:

-Secretaría Xeral do Sergas.

-C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza.

-C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

-C.H. Universitario de Santiago de Compostela.

-F.P.H. Virxe da Xunqueira-Cee.

-F.P.H de Barbanza.

-Xerencia de Atención Primaria da Coruña.

-C. S. Abente e Lago.

-C. S. Adormideras.

-C.S. Perillo.

-C.S. Betanzos.

-C.S. Cambre.

-C.S. Carballo.

-C.S. Casa do Mar.

-C.S. Castrillón.

-C.S. Cee.

-C.S. Culleredo.

-C.S. Elviña-Mesoiro.

-C.S. Federico Tapia.

-C.S. Fisterra.

-C.S. Labañou.

-C.S. Sada.

-C.S. San José.

-C.S. Ventorrillo.

-C.S. As Pontes.

-C.S. Caranza.

-C.S. Fene.

-C.S. Fontenla-Maristany.

-C.S. Narón.

-C.S. Ortigueira.

-C.S. Pontedeume.

-C.S. Serantes.

-C.S. Boiro.

-C.S. Concepción Arenal.

-C.S. As Fontiñas.

-C.S. Muros.

-C.S. Noia.

-C.S. Ordes.

-C.S. Padrón.

-C.S. Porto do Son.

-C.S. A Pobra.

-C.S. Ribeira.

-C.S. Santa Comba.

-C.S. Vite.

-Lugo:

-C.H. Xeral-Calde.

-H. Costa de Burela.

-H. Comarcal de Monforte.

-Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

-C.S. Burela.

-C.S. Chantada.

-C.S. Fingoi.

-C.S. A Fonsagrada.

-C.S. Foz.

-C.S. Illas Canarias.

-C.S. Milagrosa.

-C.S. Mondoñedo.

-C.S. Monforte de Lemos.

-C.S. Quiroga.

-C.S. Ribadeo.

-C.S. Sagrado Corazón.

-C.S. San Roque.

-C.S. Sarria.

-C.S. Vilalba.

-C.S. Viveiro.

-Ourense:

-C.H. de Ourense.

-H. Barco de Valdeorras.

-F.H. de Verín.

-Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

-C.S. O Barco.

-C.S. A Ponte.

-C.S. Allariz.

-C.S. Carballeira.

-C.S. O Carballiño.

-C.S. Celanova.

-C.S. Mariñamansa.

-C.S. Nóvoa Santos.

-C.S. Rivadavia.

-C.S. Valle Inclán.

-C.S. Verín.

-C.S. Xinzo.

-Pontevedra:

-C.H. de Pontevedra.

-C.H. Xeral-Cíes.

-H. do Meixoeiro.

-Fundación Pública do Salnés.

-Nicolás Peña.

-Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo.

-C.S. López Mora.

-C.S. A Cañiza.

-C.S. A Estrada.

-C.S. Baltar.

-C.S. Bueu.

-Casa do Mar de Marín.

-C.S. Lalín.

-C.S. Lérez.

-C.S. O Grove.

-C.S. Silleda.

-C.S. Valga.

-C.S. Vilagarcía (San Roque).

-C.S. Virxe Peregrina.

-C.S. A Doblada.

-C.S. Beiramar.

-C.S. Bembrive.

-C.S. Cangas.

-C.S. Casa do Mar de Baiona.

-C.S. Coruxo.

-C.S. Chapela.

-C.S. Lavadores.

-C.S. Pintor Colmeiro.

-C.S. O Porriño.

-C.S. Ponteareas.

-C.S. Redondela.

-C.S. Sárdoma.

-C.S. Teis.

-C.S. Tui.

-C.S. Vigo (Centro).

-C.S. Coia.

-C.S. Mos.

-C.S. Casco Vello.

-C.S. Matamá.

-C.S. Salvaterra.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.

3. Enderezos para o envío de documentación e información sanitaria.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Lista de persoas relacionadas coa saúde (organismos, médicos, enfermeiras) para o envío da documentación referida a materia sanitaria.

Xestión sanitaria.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Médicos, enfermeiras, profesionais e organismos relacionados coa saúde.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Persoas distintas do afectado ou do seu representante.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo, fax e teléfono.

-Datos de información comercial: actividade e negocio.

f) Cesións previstas.

-Organismos sanitarios e organismos oficiais de estatística, cando o autorice a normativa vixente.

g) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

-Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública.

h) Servicio ou unidade ante os que poderá exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados.

-A Coruña:

Delegación Provincial da Coruña.

-Lugo:

Delegación Provincial de Lugo.

-Ourense:

Delegación Provincial de Ourense.

-Pontevedra:

Delegación Provincial de Pontevedra.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.

4. Carné de manipulador de alimentos.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Soporte para o exercicio das funcións competencia da Consellería de Sanidade/Sergas na xestión do carné de manipulador de alimentos, proporcionando información para a investigación médica e elaboración de estatísticas e indicadores que faciliten unha mellor ordenación e planificación sanitaria.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas que queiran obte-lo carné de manipulador de alimentos. Instructores.

Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Solicitudes.

c) Estructura básica.

Base de datos.

d) Tipos de datos.

Datos de carácter persoal: nome e apelidos, data de nacemento, enderezo.

Datos de carácter identificativo: NIF.

Outros datos: nome e apelidos do instructor, datos de centros, actividade e zona veterinaria.

e) Cesións previstas.

Ningunha.

f) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública.

g) Servicio ou unidade ante os que poderá exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados

-A Coruña:

Delegación Provincial da Coruña.

-Lugo:

Delegación Provincial de Lugo.

-Ourense:

Delegación Provincial de Ourense.

-Pontevedra:

Delegación Provincial de Pontevedra.

h) Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO