Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/251-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Cía de Electrificación, S.L.

Domicilio social: Doutor Carus, 7-1º, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: L.M.T. e C.T. Vado.

Situación: Concello da Illa de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 12/20 kV, de 860 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde a L.M.T. ó C.T. Castriño ata o C.T. que se proxecta denominado Vado, de 250 kVA, R/T 12/20 kV-380/220 V, no Concello da Illa de Arousa, e rematando no C.T. A Ponte.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 26 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra