Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 287

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2002 pola que se convocan e establecen as bases reguladoras aplicables á concesión de bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Galicia e se procede á súa convocatoria.

Ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, creado

pola Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, correspóndelle, entre outras funcións, a de fomenta-la realización de estudios sobre a muller tanto de carácter xeral como específico nos eidos legal, educativo, sanitario, social e cultural.

Na Conferencia Mundial da Muller celebrada en Pekín en setembro de 1995, baixo os auspicios de Nacións Unidas aprobouse o documento Plataforma de Acción, obrigándose tódolos estados membros do mundo a desenvolve-las distintas áreas contidas nela. A Conferencia de Nova York «A muller no ano 2000: igualdade entre os xéneros, desenvolve

mento e paz para o século XXI» que culmina cun documento froito da revisión da conferencia celebrada en Beijing, pronúnciase no mesmo sentido.

Así mesmo, o Consello da Unión Europea, na súa decisión de 22 de decembro de 1995, modificada por decisión de 2 de decembro de 1996, relativa ó cuarto programa de acción comunitaria a medio prazo para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, establece como un medio de execución das áreas previstas na Plataforma de Acción a realización de estudios sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres; compromiso que tamén se asume na Estratexia Marco Comunitaria sobre a igualdade entre homes e mulleres (2001-2005).

Parece conveniente tratar de impulsar estudios específicos sobre determinadas áreas, mediante bolsas de estudios que impulsen os traballos relacionados coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes na sociedade galega e nas áreas que se relacionan no anexo III.

No Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, establécense os requisitos xerais ás subvencións concedidas pola Administración autonómica, normativa á que, en consecuencia, se adaptará a presente resolución, tendo en conta, en todo caso, os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

A tramitación desta resolución acóllese ó disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000, toda vez que o Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día 17 de outubro de 2002, aprobou o proxecto de orzamentos xerais para a Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de tres (3) bolsas ou axudas económicas dun ano de duración, para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades de mulleres e homes en Galicia.

2. A concesión destas axudas rexerase polas bases do anexo I desta resolución.

Artigo 2º

O importe global máximo que alcanzarán as axudas é de vintetrés mil oitocentos trinta e dous euros (23.832 A), a razón de sete mil novecentos corenta e catro euros (7.944 A) por bolsa, das que serán deducidas as correspondentes retencións fiscais, que serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 14.50.212A.480.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión das bolsas reguladas nesta resolución estará sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución.

Segunda.-Procederá o reintegro total ou parcial da bolsa percibida e os xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento, de acordo co establecido no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da bolsa sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a axuda.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios/as con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario/a ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

Disposicións derradeiras

Única.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2002.

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

ANEXO I

BASES

Primeira.-Obxecto e dotación.

1. As bases contidas neste anexo teñen por obxecto determina-las condicións e requisitos que deben

rexe-la concesión de bolsas de acordo co establecido no artigo 1º da presente resolución.

2. A contía das axudas será de sete mil novecentos corenta e catro euros (7.944 A) cada unha, aboables en doce mensualidades de seiscentos sesenta e dous euros (662 A) nas que se aplicará a correspondente retención fiscal.

Segunda.-Carácter da bolsa.

1. Dado o seu carácter formativo e de apoio ó estudio que realizará o/a bolseiro/a, a concesión destas bolsas non implica relación laboral ou administrativa entre o/a beneficiario/a e o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, nin dará lugar á súa inclusión na Seguridade Social.

2. O/a bolseiro/a deberá dedicarse de maneira plena a realiza-los estudios para os que foi concedida a bolsa, con aceptación das indicacións da dirección do traballo. É incompatible o desfrute da bolsa coa percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas.

Terceira.-Condicións xerais.

Para optar a estas bolsas é necesario:

1. Posuír, na data da solicitude, a titulación de licenciado/a universitario/a referida á área do estudio que se vai realizar.

2. Que no momento de presentación da solicitude, non transcorresen máis de cinco anos desde a obtención da devandita licenciatura.

Cuarta.-Centros de realización.

Os estudios ou traballos serán realizados en calquera centro universitario ou departamento de investigación de Galicia, ó que o/a bolseiro/a se incorporará, segundo o que se estableza no escrito de aceptación do dito centro sobre a realización e dirección do estudio.

Quinta.-Solicitudes.

1. A solicitude destas bolsas farase mediante escrito dirixido á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, segundo modelo do anexo II, xunto ós seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI compulsada.

b) Currículum vitae do/a solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados.

c) Certificación académica completa e fotocopia do título de licenciatura correspondente ou, no seu defecto, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.

d) Outros datos que se poidan xustificar documentalmente e que o/a solicitante considere de interese en relación coa bolsa.

e) Escrito da entidade ou departamento onde se vai desenvolve-lo traballo no que figure a súa aceptación expresa.

f) Escrito do/a director/a do traballo manifestando a súa aceptación e o compromiso de dirixilo.

g) Memoria descritiva do estudio que se vai realizar, con mención dos seus obxectivos, metodoloxía, tempo de duración previsto, e cantos outros se consideren de interese, en especial se o dito estudio forma parte dun proxecto máis amplo realizado pola entidade na que se integra o/a bolseiro/a. A memoria debe estar conformada polo/a director/a do traballo.

h) No caso de formar parte dun proxecto máis amplo, memoria sinxela onde se relacionen os traballos xa realizados e en curso, e composición e pequeno currículo do equipo que o integra, asinado polo/a director/a do proxecto.

i) Declaración das bolsas solicitadas ás distintas administracións públicas competentes para a realización do estudio.

2. A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (Praza de Europa, 15-A-2º. Área Central. As Fontiñas, Santiago de Compostela) ou ben por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Sexta.-Prazo.

1. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación achegada conteña erros ou sexa insuficiente, o órgano competente requirirá ó/á solicitante para que, no prazo de dez (10) días achegue os documentos preceptivos ou emende os erros detectados, con indicación de que, se así non o fixera, teráselle por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser dictada nos termos previstos no artigo 42 e de conformidade co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Sétima.-Procedemento.

1. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrucción dos expedientes será o establecido no artigo 9 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia coas concrecións que se establecen nos parágrafos seguintes.

2. Unha vez realizados os trámites realizados no artigo 9 do antedito decreto, os expedientes remitiranse á Comisión de Valoración para o seu informe, proposta de resolución e posterior elevación ante o órgano competente para resolver.

3. Para os efectos do disposto no parágrafo anterior a Comisión de Valoración estará composta pola secretaria do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, que a presidirá, e serán vocais a/o xefa/e de servicio de Estudios e Programas e a/o xefa/e de servicio de Cooperación, que actuará como secretaria/o.

4. A Comisión de Valoración examinará as solicitudes presentadas, valorando os méritos acreditados conforme o seguinte baremo:

a) Obxecto do estudio que se vai realizar (terase en conta que o obxecto do estudio corresponde a algunha das áreas relacionadas no anexo III da convocatoria): 0,50 puntos.

b) Expediente académico e currículum vitae:

b.1. Valorarase a puntuación media final da licenciatura relacionada co obxecto do estudio de acordo coa seguinte escala:

b.1.1. Cualificación de aprobado: 0,10 puntos.

b.1.2. Cualificación de notable: 0,30 puntos.

b.1.3. Cualificación de sobresaliente: 0,60 puntos.

b.1.4. Cualificación de matrícula de honor: 1 punto.

b.2. Valorarase o curículum vitae das/os interesadas/os en función da seguinte escala (máximo 1 punto):

b.2.1. Asistencia a congresos, seminarios, xornadas e cursos que teñan relación co obxecto do estudio cunha duración igual o inferior a 50 horas lectivas: 0,10 puntos.

b.2.2. Asistencia a congresos, seminarios, xornadas e cursos que teñan relación co obxecto do estudio cunha duración superior a 50 horas lectivas: 0,20 puntos.

b.2.3. Publicacións: 0,30 puntos.

b.2.4. Douturamento: 0,40 puntos.

c) A integración do estudio noutros programas de investigación: 0,50 puntos.

d) Entrevista persoal (a Comisión de Valoración poderá realizar unha entrevista persoal co obxeto de valora-la capacidade da/o solicitante para executa-lo estudio obxecto da bolsa): máximo 3 puntos.

Só se valorarán os méritos acreditados documentalmente.

Oitava.-Resolución.

1. A resolución dos expedientes das axudas, logo do informe da Comisión de Valoración, de cumpri-lo trámite de audiencia cando proceda e fiscalizada a proposta pola respectiva intervención, correspon

deralle á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. A devandita resolución poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa comunicación.

2. A resolución dos expedientes deberase producir no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o devandito prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimada.

Novena.-Do pagamento e efectividade.

1. Formulada a adscrición e ratificada polo/a director/a do estudio, dentro dos quince (15) días seguintes á notificación da resolución procederase ó pagamento da cantidade mensual fixada na base primeira, con efecto a mes vencido.

2. O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller poderá, en calquera momento da realización da bolsa, solicitarlle ó/á bolseiro/a un informe sobre as súas actividades. En todo caso, o/a bolseiro/a remitirá trimestralmente a contar desde o outorgamento da bolsa o citado informe.

3. Con anterioridade ó aboamento da derradeira mensualidade, o/a bolseiro/a achegará unha declaración que acredite que durante o período de desfrute da bolsa non percibiu ningunha axuda, remuneración, nin outra bolsa.

4. O/a bolseiro/a fará entrega do estudio en soporte escrito e informático en lingua galega, realizado no prazo máximo dun ano contado desde a concesión da axuda, e un informe por escrito do traballo desenvolvido ó que se xuntará informe do/a director/a do proxecto. En tanto en canto non se presente o mencionado informe non se efectuará o pagamento correspondente á última mensualidade.

Décima.-Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderán dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Undécima.-Publicación do estudio.

O/a bolseiro/a cederá en exclusiva ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller os dereitos de propiedade intelectual que se deriven do estudio realizado, reservándose por conseguinte este organismo a facultade da súa publicación total ou parcial.