Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 233

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller e se procede á súa convocatoria.

O Estatuto de autonomía, no seu artigo 4, determina que lles corresponde ós poderes públicos de Galicia promove-las condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, remove-los obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilita-la participación de tódolos galegos na vida política, económica, cultural e social.

Así mesmo, o artigo 27.23º do Estatuto de autonomía asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social, e no seu artigo 33.2º establécese que lle corresponde o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de Seguridade Social.

A Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, establece no seu artigo 3 como funcións do servicio promover, coordinar e avaliar plans e programas de acción e o desenvolvemento de actividades que, para a consecución dos obxectivos previstos na dita lei, realicen deputacións e concellos; así como incentiva-la participación das mulleres na vida política, económica, cultural, educativa e social.

O Decreto 250/2002, do 18 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no seu artigo 1 atribúelle á dita consellería as competencias en materia de muller, que serán exercidas a través do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución española.

No Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, establécense os

requisitos xerais a subvencións concedidas pola Administración autonómica, normativa á que, en consecuencia, se adaptará a presente resolución, tendo en conta, en todo caso, os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

A tramitación desta resolución acóllese ó disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000, toda vez que o Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día 17 de outubro de 2002, aprobou o proxecto de orzamentos xerais para a Comunidade Autónoma para o ano 2003.

Estas axudas financiaranse con cargo ás partidas orzamentarias 14.50.212A.460.0, (dentro da que se atopan os Centros de Información á Muller que son cofinanciados cos fondos reflectidos no Marco Comunitario de Apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo), 14.50.212A.480.0 e 14.50.212A.480.3 dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2003 e o importe global destinado a elas ascenderá a 2.687.271 euros.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas, e para a súa debida aplicación nos créditos orzamentarios para o fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. O obxecto da presente resolución é establece-las bases reguladoras das axudas e subvencións, e proceder á súa convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva para sufraga-los gastos correntes xerados por programas e actividades destinadas a facer posible a incorporación da muller na vida política, económica, cultural, social e laboral e o coñecemento do seu contorno, e a fomenta-la relación e colaboración entre as asociacións de mulleres, para acada-la igualdade real e efectiva e a non discriminación entre homes e mulleres; así como apoiar a través das axudas económicas as entidades que presten servicios de atención á muller e centros onde se presten os ditos servicios.

2. Para os efectos da presente resolución consideraranse centros e servicios para a muller:

a) Os servicios de información e asesoramento sobre temas xurídicos, laborais, de servicios sociais, e calquera outro que supoña a promoción da muller en tódolos ámbitos.

b) Os centros de acollida para mulleres víctimas de malos tratos.

c) Servicios de atención a mulleres en situacións de especial dificultade.

Artigo 2º.-Destinatarias.

1. Poderán solicita-las subvencións as entidades que se citan a continuación:

a) As entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que, sendo titulares de centros, presten algún dos servicios establecidos no artigo anterior ou realicen calquera outra actividade de carácter social.

b) As entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia que presten algún dos servicios ou sexan titulares dalgúns dos centros ou executen os servicios ou programas ós que se refire o artigo anterior.

2. As anteditas entidades deben estar inscritas, no último día de finalización do prazo da solicitude, no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, na área da muller, previsto no artigo 32 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, e desenvolvido polo Decreto 291/1995, do 3 de novembro, e pola Orde do 18 de xaneiro de 1996.

Artigo 3º.-Tipos de axuda.

Os tipos de axuda que se poderán solicitar son os seguintes:

a) Promoción de actividades básicas.

a.1) De carácter formativo.

a.2) De carácter asociativo ou comunitario.

a.3) De asistencia a congresos e convencións de mulleres.

a.4) De información e asesoramento.

a.5) De elaboración de estudios e estatísticas sobre a situación da muller galega.

Tódalas persoas que participen nas actividades incluídas nas letras a.1 e a.2 deberán recibir obrigatoriamente un módulo de políticas de igualdade.

b) De realización de programas de atención especializada a mulleres.

Artigo 4º.-Normas xerais sobre as subvencións.

1. Para os distintos tipos de axuda, a subvención poderá significa-lo financiamento total ou parcial do gasto, sen que en ningún caso implique duplicidade, de tal xeito que a suma das subvencións concedidas por todo tipo de organismos públicos, percibidas coa mesma finalidade, non supere o 100% do importe do gasto efectuado.

2. O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller poderá efectua-las comprobacións que considere oportunas en canto ó cumprimento dos requisitos esixidos pola Lei de servicios sociais de Galicia e demais normativa de desenvolvemento das entidades prestadoras de servicios sociais.

Artigo 5º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes, cubertas no modelo normalizado que figura como anexo I e II desta resolución, poderanse presentar no rexistro xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, nas delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

2. Documentación que se xuntará á solicitude:

2.1. Documentos comúns para tódalas axudas:

a) Fotocopia compulsada do DNI da persoa física que asina a solicitude e documentación que acredite que posúe poder suficiente para actuar en nome da entidade.

b) Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal.

c) Se a entidade peticionaria é unha federación ou confederación, certificación asinada polo/a representante acreditativa das asociacións ou federacións integradas, especificando o nome, CIF e o número asignado no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais na área específica da muller a cada unha delas.

d) Orzamento desagregado dos gastos previstos para cada actividade, programa ou servicio, así como os recursos humanos e materiais cos que conta para o seu funcionamento.

e) Certificación bancaria de existencia de conta.

f) Declaración subscrita polo/a representante da entidade de tódalas solicitudes de axudas efectuadas ou concedidas polas distintas administracións públicas ou por calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, para o financiamento das actividades ou programas de atención especializada solicitados ó abeiro desta resolución.

Cando a solicitante sexa unha entidade local, ademais da documentación prevista nas letras b), d), e) e f) deste número, deberá xunta-lo seguinte:

a) Certificación da contía establecida nos orzamentos da entidade local destinada ó mantemento e desenvolvemento dos servicios obxecto da solicitude.

b) Certificado do acordo da entidade local de solicita-la subvención e, no caso de prórroga, de que continúa na prestación dos servicios nas mesmas condicións do ano anterior.

2.2. Documentos específicos para cada tipo de axuda.

2.2.1. Para subvencións de promoción de actividades básicas:

-Proxecto no que figura a actividade ou actividades que se realizarán segundo o modelo normalizado que se publica como anexo III a esta resolución.

2.2.2. Para subvencións de programas de atención especializada a mulleres:

-Denominación do programa, breve resumo do seu contido, colectivo de atención, número de usuarios/as directos/as, obxectivos, localización territorial e área de influencia, descrición pormenorizada das actuacións incluídas na programación, así como da metodoloxía empregada.

Artigo 6º.-Prazo.

1. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a docu

mentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase o/a solicitante para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa petición, logo da resolución de conformidade co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 7º.-Procedemento.

1. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrucción dos expedientes será o establecido no artigo 9 do Decreto 287/2000, do 21 do novembro, coas concrecións que se establecen nos parágrafos seguintes.

2. Unha vez realizados os trámites sinalados no artigo 9 do mencionado decreto, a tramitación será a seguinte:

a) No ámbito provincial, os expedientes remitiránselle á comisión de valoración provincial para o seu informe, proposta de resolución e posterior elevación ante o delegado/a provincial.

b) Nos expedientes de resolución centralizada, a comisión de valoración central elevará proposta de resolución á directora xeral do Servicio Galego de Igualdade.

3. Para o efecto previsto no presente artigo, a comisión de valoración estará composta por tres membros, designados polo/a delegado/a provincial do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller ou directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller segundo corresponda.

4. Se, por calquera causa, no momento no que as comisións de valoración teñan que examina-las solicitudes algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído/a pola persoa que para o efecto designe o respectivo delegado/a provincial do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller ou a directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, segundo proceda.

5. A comisión de valoración, á hora de avalia-las solicitudes, terá en conta os seguintes criterios en relación coa finalidade da axuda ou subvención:

1. Axudas para promoción de actividades básicas:

1.1. Adecuación das actividades á finalidade e obxecto da presente resolución.

1.2. Fomento e tecnificación do asociacionismo.

1.3. Intercambio e coordinación entre distintas asociacións de mulleres para a realización de actividades conxuntas.

1.4. O número de persoas ás que se dirixen as actividades, especialmente aquelas dirixidas a mulleres beneficiarias da Risga (Renda de Integración Social de Galicia).

1.5. A realización de programas, publicacións, conferencias e encontros que sexan de interese para as mulleres.

1.6. O ámbito territorial de desenvolvemento da actividade.

1.7. O alcance social da actividade e, en especial, a súa contribución ó desenvolvemento persoal e á integración social do colectivo ó que se dirixe.

1.8. Os elementos innovadores das actividades.

1.9. A non percepción doutras subvencións para a mesma finalidade.

1.10. O maior número de socios/as ou afiliados/as.

1.11. A realización de actividades específicas destinadas a mulleres procedentes de centros de acollida.

1.12. A realización de actividades específicas destinadas ás minorías étnicas.

1.13. O grao de cumprimento e a correcta xustificación dos gastos de subvencións obtidas en exercicios anteriores.

2. Axudas para a realización de programas de atención especializada.

2.1. A súa adecuación ós obxectivos incluídos no vixente Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres Galegas.

2.2. O maior grao de participación económica na execución dos programas, por parte da entidade solicitante.

2.3. A continuidade no funcionamento dos centros e servicios que recibiron subvención no ano anterior, sempre que os resultados acadados fosen positivos.

2.4. O maior ámbito territorial de desenvolvemento do programa.

2.5. O grao de cumprimento e a correcta xustificación dos gastos de subvencións obtidas en exercicios anteriores.

3. Cando se trate de entidades locais terase en conta ademais como criterio de valoración, a existencia de partida orzamentaria destinada a actuacións a prol das mulleres.

Artigo 8º.-Resolución.

1. A resolución dos expedientes de axudas, unha vez emitido o informe-proposta pola Comisión de Valoración e fiscalizado pola intervención, correspóndelle á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller cando se trate de entidades con competencias en máis dunha provincia, ou ós respectivos delegados/as do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, por delegación da directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, cando se trate de entidades con actuación restrinxida a unha única provincia.

2. As resolucións dictadas poñen fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse, postestativamente, recurso de reposición ante o órgano que dictou o acto no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou directamente, recurso contencioso-administrativo perante o órgano

xurisdiccional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

3. A resolución dos expedientes deberase producir no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o devandito prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimada.

Artigo 9º.-Pagamento e xustificación das subvencións.

1. Unha vez dictada a resolución pola que se concede a subvención, procederase ó pagamento e á xustificación, na forma que a continuación se indica.

2. As subvencións poderanse facer efectivas de conformidade co que estableza a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003:

2.1. Subvencións que non superan os 6.010 euros.

No suposto de subvencións correntes en materia de muller que non superen os 6.010 euros, o/a beneficiario/a poderá solicita-lo pagamento parcial con carácter de anticipo do 80% do importe da subvención.

O 20% restante da contía da subvención farase efectiva unha vez presentada a documentación que se relaciona perante o órgano competente do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (dirección xeral ou delegación provincial) antes do 30 de novembro do ano 2003, salvo no caso de programas de atención especializada a mulleres que se presentará antes do 31 de xaneiro do ano 2004:

a) Axudas a entidades de iniciativa social:

a.1) Documentos comúns:

-Certificación expedida polo/a representante da entidade que acredite que os gastos realizados foron aplicados para o fin para o que a subvención foi concedida, xunto cos orixinais das facturas ou xustificantes documentais do gasto efectuado.

-Declaración subscrita polo/a representante da entidade de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas, ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para a realización das actividades e dos programas de atención especializada subvencionados ó abeiro desta resolución.

a.2) Documentos específicos:

Para axudas destinadas a programas de atención especializada:

-Balance de ingresos e gastos, referido ó programa solicitado, que abranga todo o ano natural conforme o anexo IV.

Para axudas destinadas á promoción de actividades básicas:

-Certificación descritiva das actividades realizadas cos seus importes conforme o anexo V.

b) Axudas a entidades locais para programas de atención especializada e promoción de actividades básicas:

-Certificación expedida polo/a representante da entidade local que acredite que se realizou o gasto, o importe ó que ascendeu e que este foi destinado para o fin para o que a subvención foi concedida.

-Declaración subscrita polo órgano municipal competente de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas, ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para a realización das actividades e dos programas de atención especializada subvencionados ó abeiro desta resolución.

2.2. Subvencións que superan os 6.010 euros:

No caso de supera-lo importe de 6.010 euros, poderán acordarse pagamentos parciais ata o máximo do 80%, a conta da liquidación e xustificación final, a medida que o/a beneficiario/a xustifique ter realizado un gasto equivalente, mediante certificación expedida polo/a representante da entidade, xunto cos orixinais das facturas ou xustificantes documentais do gasto efectuado. No caso das entidades locais, aplicarase o disposto no artigo 15.2º c) do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

O 20% restante da contía da subvención farase efectiva unha vez presentada a documentación que se relaciona perante o órgano competente do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (dirección xeral ou delegación provincial) antes do 30 de novembro do ano 2003, salvo no caso de programas de atención especializada a mulleres, que se presentará antes do 31 de xaneiro do ano 2004:

a) Axudas a entidades de iniciativa social:

a.1) Documentos comúns:

-Certificación expedida polo/a representante da entidade que acredite que os gastos realizados foron aplicados para o fin para o que a subvención foi concedida, xunto cos orixinais das facturas ou xustificantes documentais do gasto efectuado.

-Declaración subscrita polo/a representante da entidade de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas, ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para a realización das actividades e dos programas de atención especializada subvencionados ó abeiro desta resolución.

a.2) Documentos específicos:

Para axudas destinadas a programas de atención especializada:

-Balance de ingresos e gastos, referido a programa solicitado, que abranga todo o ano natural conforme o anexo IV.

Para axudas destinadas á promoción de actividades básicas:

-Certificación descritiva das actividades realizadas cos seus importes conforme o anexo V.

b) Axudas a entidades locais para programas de atención especializada e promoción de actividades básicas:

-Certificación expedida polo/a responsable da entidade local que acredite que se realizou o gasto, o importe ó que ascendeu e que este foi destinado para o fin para o que a subvención foi concedida.

-Declaración subscrita polo órgano municipal competente de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas, ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para a realización das actividades e dos programas de atención especializada subvencionados ó abeiro desta resolución.

Artigo 10º.-Obrigas dos/as adxudicatarios/as das subvencións.

a) Facer constar en todo tipo de publicidade e información a condición de que a actividade está subvencionada polo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

b) Someterse ás actuacións de supervisión e control dos órganos da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma, do Fondo Social Europeo, da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, e do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, para realiza-las comprobacións e verificacións que considere precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta resolución e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

c) Facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos competentes do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

d) Remitir, antes do 31 de xanerio de 2004, unha memoria final das actividades desenvolvidas que deberá conter como mínimo os datos sinalados no anexo VI desta resolución.

e) Cando se trate de programas de atención especializada a mulleres, deberase remitir trimestralmente memoria descritiva do estado de execución do programa indicando o número de mulleres beneficiadas e unha memoria final que deberá recolle-los contidos que sinale o órgano competente do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (dirección xeral ou delegación provincial), que alomenos serán os sinalados no anexo VI desta convocatoria.

Artigo 11º.-Publicidade.

Nas accións que se leven a cabo nos Centros de Información á Muller deberá figurar, no lugar onde se realicen e de forma visible, un cartel informativo no que se indique que a acción está cofinanciada pola Xunta de Galicia, Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, e Fondo Social Europeo, cos seus respectivos anagramas.

Artigo 12º.-Modificación resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderán dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Artigo 13º.-Reintegro.

Procederá ó reintegro total ou parcial da axuda percibida e os xuros de demora desde o momento do seu pagamento de acordo co establecido no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, modificado pola Lei 8/1999, 30 de decembro, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da axuda sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a axuda.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concurrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario/a ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se establezca.

Disposición adicional

Ós/ás beneficarios/as das axudas reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previstos no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2002.

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción

da Igualdade do Home e da Muller