Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 183

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xaneiro de 2003 pola que se prorrogan 36 bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A Orde do 24 de novembro de 1999 (DOG nº 231, do 30 de novembro), a Orde do 17 de febreiro de 2000 (DOG nº 41, do 29 de febreiro), a Orde do 27 de outubro de 2000 (DOG nº 217, do 9 de novembro), a Orde do 14 de marzo de 2001 (DOG nº 62, do 28 de marzo), a Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 203, do 19 de outubro) e a Orde do 5 de marzo de 2002 (DOG nº 65, do 4 de abril), polas que se convocan bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, prevén, na súa base terceira nas tres primeiras ordes e na cuarta para as restantes, a concesión de prórrogas ós bolseiros e bolseiras que presten a súa colaboración nalgún dos proxectos de investigación que se están realizando no centro.

A teor do sinalado na Orde do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expediente do gasto, o gasto que se proxecta está condicionado á existencia do crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos do exercicio do ano 2003.

Na súa virtude e de acordo co establecido na base terceira ou na cuarta das citadas ordes, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concédeselles prórroga para desfrutar da bolsa para a colaboración en proxectos de investigación que se van desenvolver no Centro Ramón Piñeiro ata o 31 de xaneiro do 2003 ás persoas que se relacionan no anexo I á presente orde; concédeselles prórroga da bolsa ata o 30 de abril de 2003 ás persoas que se relacionan no anexo II á presente orde; concédeselles prórroga da bolsa ata o 11 de decembro de 2003 ás persoas que se relacionan no anexo III á presente orde e cóncedeselles prórroga da bolsa ata o 31 de decembro de 2003 ás persoas que se relacionan no anexo IV á presente orde. Para os efectos desta resolución quedan condicionados ata a aprobación do crédito que vaia ampara-lo gasto, de conformidade coa orde anteriormente citada, do 2 de febreiro de 1998.

Segundo.-A contía da bolsa durante o período de prórroga será de 758,89 euros mensuais, segundo o establecido na base segunda ou terceira das citadas ordes. A contía total das bolsas ascende a 307.593,88 euros (289.993,88 euros correspondentes ás mensualidades e 17.600 euros á asistencia sanitaria) da partida orzamentaria 07.06.353E.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Terceiro.-Contra esta disposición, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta disposición. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Nome dos beneficiariosNIF

Sánchez Moreiras, Miriam36097737-L

Souto Nieves, Mª Xosé33301506-J

ANEXO II

Nome dos beneficiariosNIF

Barcala Rodríguez, Francisco Mario52499799-J

Alvariño Alvariño, Mª del Pilar32663720-V

López López, Yolanda44807246-A

ANEXO III

Nome dos beneficiariosNIF

Ledo Villaverde, Ana44808142-W

Sayans Gómez, Antonio44813073-B

Villar Conde, Elena33292217-Q

Paz Roca, Mª Carmen33339843-D

Seijo Pereiro, Lorena46899043-L

López Fariña, Montserrat52497405-C

ANEXO IV

Nome dos beneficiariosNIF

Vallejo González, María33347868-F

Muriano Rodríguez, Mª Montserrat32818699-E

Fernández Paredes, Beatriz76725406-M

Juncal Pereira, Luis46902572-Y

Blanco González, Cristina34889605-P

Mociño González, Isabel44447042-W

Doval Fraiz, Ana I.76823472-E

Verde Pena, Mª Inés33290596-M

Paredes Miras, Mª Pilar33272698-R

Campoy Quiles, Iván44829518-B

Cordeiro Antepazo, Raquel78738287-H

González Tarrela, Mª Mar46901992-R

Mascato Rey, Rosario35448423-H

Munín Munín, Alicia33299904-K

Fariña Miranda, Carmen79317313-L

Vidal Castiñeira, Ana76724144-P

Pita Rubido, Mª Luisa76417503-A

González Martínez, Deborah53176830-W

Arbor Aldea, Marina76720521-L

Zapico Barbeito, Mª Pilar53165044-S

Muiña García, Mª Milagros33327556-G

Álvarez Francisco, Mª Esther10198798-T

Lojo Abeijón, Mª Josefa52457249-E

López Rúa, Paula32800468-F

Parrado Freire, Alexandre G.46909881-R

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO