Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 177

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de decembro de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

As políticas relativas ás axudas públicas en materia de vivenda a cargo das comunidades autónomas (Decreto 199/2002, do 6 de xuño) e aqueloutras axudas de carácter estatal recollidas o Real decreto 1/2002, do 11 de xaneiro, para o período 2002-2005, impoñen a necesidade de adecua-los actuais medios humanos e materiais das unidades administrativas do Instituto Galego da Vivenda e Solo, como neste caso sucede coa Área Provincial do IGVS da Coruña.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autó

noma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de decembro de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de decembro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

OBSERVACIÓNS:

(1) Sen dotar orzamentariamente.

(2) Ocupado funcionario non pertencente á escala.

(3) Ocupado por persoal laboral fixo a extinguir.

(4) Ocupado laboral fixo.

(5) Posto situado en Ferrol.

(6) Posto situado en Vigo.

(7) Dispoñibilidade horaria.

(8) Posto que se vai extinguir.

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS:

2001Arquitectura superior.

2028Licenciado en física.

2035Licenciado en químicas.

2062Licenciado en dereito.

2804Arquitectura/enxeñería.

2808Licenciado en económicas ou empresariais.

3001Arquitectura técnica.

3800Arquitectura técnica/enxeñería técnica.

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS:

001Mecanografía.

499Titulado superior (mérito).

500Licenciado en dereito/económicas/empresariais (mérito).

501Licenciado en dereito (mérito).

516Arquitecto técnico (mérito).

523Diploma de directivo.

640Para persoal doutra administración, curso de

perfeccionamento de galego (R.I.).

641Para persoal doutra administración, curso de iniciación

de galego (R.I.).

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS:

A11Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia,

Estado e CC.AA.

AXGAdscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.