Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 113

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Servicios de Distribución Frigorífica de Galicia, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Servicios de Distribución Frigorífica de Galicia, S.A., con nº de código 3603111 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-11-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data 17-6-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 28 de novembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

III convenio colectivo do centro de traballo

do Porriño da empresa Servicios de Distribución

Frigorífica de Galicia, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo afecta o centro de traballo que a empresa Servicio de Distribución Frigorífica Galicia, S.A. ten aberto no Porriño (Pontevedra).

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Estas normas obrigan a totalidade do persoal contratado pola empresa no centro de traballo do Porriño, tanto se realizan función técnica como manual.

Quedan expresamente excluídas as excepcións contidas nos artigos 1.3º e 2º do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Duración e vixencia.

Este convenio terá unha duración dun ano, contado desde o 1 de xaneiro de 2002 e ata o 31 de decembro de 2002. Entrará en vigor o día seguinte ó do asinamento, aínda que os efectos económicos dos salarios pactados se retrotraerán ó 1 de xaneiro de 2002.

Entenderase prorrogado de ano en ano, agás denuncia de calquera das partes, con dous meses de antelación á data do seu remate. A denuncia deberase facer por escrito, dirixida á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 4º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade e responsabilidade da dirección da empresa, á que lle corresponde, se é o caso, determina-la persoa ou persoas en quen delega o exercicio da dita facultade, que se deberá axustar ó establecido na lei, neste convenio e nas normas e pactos que sexan de aplicación

No exercicio das súas facultades de organización do traballo correspóndelle á dirección da empresa, con respecto das competencias que nesta materia teñen atribuídas os órganos de representación dos traballadores na empresa, implantar, determinar, modificar ou suprimi-los traballos, adxudica-las tarefas, adopta-los novos métodos de execución delas, crear ou amortizar postos de traballo e ordenalos en función das necesidades da empresa en cada momento, determinando a forma de prestación do traballo en tódolos seus aspectos.

Cumpri-las ordes e instruccións do empresario no exercicio regular das súas facultades directivas é obriga do traballador, quen deberá executar con interese e dilixencia cantos traballos se lle ordenen dentro do xeral cometido do seu grupo e competencia profesionais. Entre tales traballos están incluídas as tarefas complementarias que sexan indispensables para o correcto desempeño do seu cometido principal.

As relacións da empresa e os seus traballadores estarán sempre presididas pola recíproca lealdade e boa fe.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As melloras que por disposición legal ou regulamentariamente se poidan establecer no futuro serán absorbibles polos aumentos acordados neste convenio, sempre e cando superen os beneficios que se concedan no seu conxunto.

Artigo 6º.-Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estrictamente ad personam.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou de lugar, implantadas pola empresa que significaran condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º.-Soldos e salarios.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, terase que rexer o primeiro ano de vixencia, 1 de xaneiro de 2002 a 31 de decembro de 2002, polas táboas salariais anexas.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio colectivo forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán considerados globalmente en cómputo anual.

No suposto de que a autoridade ou xurisdicción competente no exercicio das súas facultades non aprobase ou modificase algunhas das súas cláusulas, as partes deberanse reunir para revisaren o texto do convenio.

Artigo 9º.-Regulación.

Os contratos do persoal, calquera que sexa a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.

Artigo 10º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que hai que realizar, conforme a seguinte escala:

Técnicos e titulados superiores: seis meses.

Titulados grao superior, contratados en prácticas: tres meses.

Titulados grao medio, contrato en prácticas: dous meses.

Contratos de aprendizaxe: un mes.

Resto de persoal: dous meses.

Durante os períodos que se sinalan, tanto o traballador coma a empresa poderán proceder á rescisión do contrato, sen previo aviso nin dereito a indemnización. Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador xa desempeñase as mesmas funcións con anterioridade na empresa, e dentro da mesma categoría profesional, baixo calquera modalidade de contratación.

O traballador terá, durante o período de proba, a retribución que corresponda á categoría profesional do traballo en que se clasificase. O período de proba será computado para efectos de antigüidade.

Superado o período de proba, o traballador pasara a integrarse á empresa coa categoría que corresponda en cada caso.

Artigo 11º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal con capacidade física ou intelectual diminuídas pola idade ou outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación en destinos adecuados ás súas condicións reais, en caso de que existan estes postos. Igual criterio se seguirá con aqueles que se atopen na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 12º.-Cesamentos.

Todo empregado terá dereito a rescindi-lo seu contrato de traballo, sen estar obrigado a alega-las causas da súa determinación.

Cando un traballador pretenda a rescisión do contrato, deberá seguir prestando os seus servicios mentres non transcorran os prazos sinalados a seguir:

Técnicos e titulados superiores: tres meses.

Técnicos grao sup., contrato en prácticas: un mes.

Titulados grao medio, contrato en prácticas: un mes.

Resto de persoal: quince días.

O abandono do posto de traballo, sen transcorreren os prazos sinalados, será penalizado cunha sanción económica equivalente ó salario total dos días que falten desde o abandono do servicio ata a data en que, cumprido o trámite de aviso previo, lle correspondese o cesamento.

Artigo 13º.-Xornada anual e horario.

Para o persoal proveniente de Frigodis, a xornada de traballo será de 1.749 horas de traballo efectivo ó ano. Para tal efecto non se computarán como tempo efectivo de traballo os descansos obrigatorios ou pactados.

A xornada ordinaria de traballo, para os traballadores de nova incorporación desde a entrada en vigor deste convenio colectivo será de corenta horas efectivas de traballo para todo o persoal, de conformidade co Acordo Xeral Laboral. A xornada anual ordinaria será de 1800 horas de traballo efectivo.

O tempo de traballo computarase ó inicio e ó final da xornada no posto de traballo.

A xornada anual desenvolverase nos horarios seguintes:

De 6 a 14 horas.

De 8 a 16 horas.

De 11.30 a 14.30 e de 15.30 a 20.30 horas.

De 14 a 22 horas.

De 18 a 2 horas.

De 22 a 6 horas.

De 24 a 8 horas.

Todos eles de luns a venres.

O horario de traballo, como consecuencia das necesidades do servicio, adaptarase de acordo cos cambios organizativos de cada momento. Previamente a iso, informarase o comité e comunicaránselle as razóns xustificativas.

A comunicación individual deste cambios efectuarase con 30 días de antelación, agás pacto noutro sentido.

Nas cámaras que deban estar a -18ºC ou inferiores cunha oscilación de máis ou menos 3º, a permanencia no interior delas será de 6 horas.

Cada 45 minutos de traballo ininterrompido no interior das cámaras, ou entrando ou saíndo continuamente (carreteiros), concederáselle un descanso de recuperación de 15 minutos.

Completarán a xornada normal en traballos que haxa que realizar no exterior das cámaras.

Artigo 14º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio terá trinta días naturais de vacacións, que se aboarán coa retribución do 100% de tódolos conceptos económicos que figuren na nómina, con excepción de: nocturno, axudas de custo e comisións.

No ano de comezo da relación laboral, o persoal de novo ingreso terá dentro del a parte proporcional que corresponda segundo o número de meses traballados durante o ano, computándose para estes efectos a fracción de mes como mes completo.

As vacacións colleranse de acordo coas datas solicitadas polo traballador, adaptándose ás necesidades do servicio. En cada servicio, confeccionarase un plan de vacacións.

Cando por falta de acordo entre os traballadores sexa necesario establecer unha orde, esta determinarase por sorteo; ó ano seguinte os desfavorecidos no sorteo terán prioridade.

As vacacións non comezarán en día festivo ou véspera, agás petición do interesado.

Se durante as vacacións o traballador pasase a situación de IT, non se computarán para efectos de vacacións os días que permanecese en IT.

Neste suposto, os días de vacacións pendentes colleranse cando as necesidades do servicio o permitan.

Anualmente elaborarase un calendario laboral que comprenderá o período de vacacións.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado por este convenio terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos seguintes casos:

a) Matrimonio: 15 días naturais.

b) Parto da esposa: 3 días naturais.

c) Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento do cónxuxe, pais, fillos: cinco días naturais. Pais políticos: tres días naturais (deben presentar certificado médico).

d) Falecemento do cónxuxe, pais, fillos e irmáns: 3 días retribuídos e 2 sen retribuír, se residen na provincia de Pontevedra; 4 días retribuídos e 1 sen retribuír, se é no resto de Galicia e 5 días retribuídos no resto de España.

e) Falecemento de avós, netos e pais políticos: 2 días.

f) Falecemento de irmáns políticos, avós políticos: 2 días, tíos e tíos políticos: 1 día.

g) Por intervención cirúrxica, sen internamento ou recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos: 1 día.

h) Por cambio de domicilio: 1 día.

i) Cando haxa que acudir a probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, con xustificante médico: 1 día.

Nos casos que se teña que acompaña-lo cónxuxe e fillos a recoñecemento médico a Santiago de Compostela por enfermidade: 1 día, a Madrid e outras cidades fóra da rexión: 3 días, e cando esta saída fose a Madrid como consecuencia de operación ou intervención cirúrxica con internamento: 5 días, acreditándose, en todo caso, con certificado médico.

Consulta médica: tres horas, e se esta consulta médica se realizase en Moaña, Pontevedra, Ponteareas, Salvaterra, Salceda, Domaio ou Cangas, o tempo total da consulta, así como o tempo de desprazamento de regreso, debidamente acreditados. Igual criterio se seguirá con respecto ó persoal destinado no Porriño e que deba desprazarse a Vigo.

Concédenselle-los mesmo dereitos á parella de feito que á esposa/o.

Tódolos días indicados anteriormente considéranse días naturais.

Artigo 16º.-Crecemento salarial.

A partir do primeiro de xaneiro de 2002, rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran nas táboas salariais anexas ó convenio, nas que se inclúen tódolos conceptos salariais.

A revisión salarial de tódolos conceptos queda detallada na táboa que de seguido se reflicte:

ConceptoContía da revisión

Salario base2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Complemento convenio2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Complemento de asistencia2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Complemento transporte2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Complemento de traballos penososConcepto de incremento automático ó depender do S.B.

ConceptoContía da revisión

Complemento de noiteConcepto de incremento automático ó depender do S.B.

AntigüidadeConcepto de incremento automático ó depender do S.M.I.

Bolsa de vacacións2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Mellora voluntaria2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Retribución voluntaria2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Complemento persoal2% + clausula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Complemento tarde2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Dietas2,2% sin cláusula de revisión

Horas extraordinarias1,5% sen cláusula de revisión

Festivos/día2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Sábados/día2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Axuda a bocadillo2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Quilometraje2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Locomoción traslado2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Horas de presencia2% + cláusula revisión (diferencia IPC previsto e IPC real)

Acórdase un incremento adicional do 0,2% para tódolos conceptos, excluídos complemento de traballos penosos, complemento de noite, antigüidade, axudas de custo e horas extraordinarias, para o caso de que o IPC publicado por INE ou organismo equivalente, o 31 de decembro de 2002 no acade a cifra do 4% de tal xeito que:

a) Se o IPC o 31 de decembro de 2002 é igual ou superior ó 4% non resultará de aplicación o incremento adicional do 0,2%.

b) Se o IPC o 31 de decembro de 2002 é inferior ó 4% resultará de aplicación o incremento adicional do 0,2%.

Artigo 17º.-Conceptos retributivos.

Para o persoal proveniente de Frigodis, os conceptos salariais distribuiranse do seguinte xeito (táboa salarial anexo I):

* Salario base.

* Complemento convenio.

* Complemento de asistencia.

* Complemento de transporte.

* Complemento de noite.

* Antigüidade.

* Complemento de traballos penosos, insalubres, perigosos.

* Bolsa de vacacións.

* Axudas de custo.

* Pagas extraordinarias.

* Complemento persoal.

Para o persoal de novo ingreso, aplicaranse as táboas salariais que figuran no anexo II.

Salario base.

Salario por unidade de tempo ou de obra: o determinado no convenio ou no contrato, e figura nas táboas salariais anexa I.

Complementos salariais.

Complemento convenio:

Salario de cualificación por categoría profesional e é o que consta na táboa salarial anexo I.

Complemento de asistencia:

Está en relación cos días de asistencia ó traballo e é o que consta na táboa salarial anexo I.

Complemento de transporte:

O persoal proveniente de Frigodis percibirá, en concepto de complemento de transporte, a cantidade que figura na táboa anexo I.

Complemento de traballos penosos, molestos, insalubres e perigosos:

Ó persoal proveniente de Frigodis seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexo I. Tales traballos pagaranse proporcionalmente ó tempo de traballo.

Os demais traballadores que eventualmente teñan que realizar traballos desta natureza percibirán un complemento do 20% do salario base, en proporción ó tempo traballado nestas condicións.

O persoal que traballe no interior das cámaras frigoríficas cobrará un complemento equivalente ó 25% do salario base.

O persoal que realice o seu traballo a temperaturas entre 0 e 10º C cobrará un complemento equivalente ó 10% do salario base.

Complemento de noite:

Regularase de acordo co artigo 36 do Estatuto dos traballadores. En canto á súa retribución, será un complemento do 25% do salario base.

Bolsa de vacacións.

Recoñéceselle a todo o persoal proveniente de Frigodis unha bolsa de vacacións de 355,98 euros brutos anuais que se fará efectiva coa paga de xullo.

Para o persoal proveniente de Frinova, que se relaciona a seguir, recoñécese unha bolsa de vacacións engadida de 152,06 euros brutos anuais.

* Ricardo Freitas Couñago.

* Julio C. Tizón Barciela.

* Julio Gómez Barral.

* Ubaldo Estévez Alonso.

* Juan A. Iglesias Rivas.

* Ángel Darroza Miñan.

* Antonio González Pérez.

* Francisco J. Amoedo Valcárcel.

Axudas de custo.

Para o persoal de reparto, esta axuda será de 8,68 euros.

Cando por necesidade da actividade da empresa se considere preciso a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de 10,41 euros, que comprende 8,68 euros en concepto de axuda de comida e 1,73 euros como compensación por gastos de transporte urbano.

Pagas extraordinarias.

a) Para aqueles traballadores que se incorporen con posterioridade á entrada en vigor deste convenio colectivo, as gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de trinta días e serán calculadas sobre a táboa salarial que corresponda, máis antigüidade, se é o caso. Denominaranse verán, Nadal e beneficios, e serán feitas efectivas antes do 15 de xullo, 15 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

O devengo das pagas é o seguinte:

* Beneficios.

Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro (do ano anterior).

* Verán.

Do 1 de xullo (do ano anterior) ó 30 de xullo (do ano en curso).

* Nadal.

Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro (do ano en curso).

b) O persoal proveniente de Frigodis, única e exclusivamente como condición ad personam, gozará de catro pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade composta por salario base, complemento de convenio, complemento de transporte, complemento traballos especiais e complemento de traballos penosos, máis antigüidade, como se ven facendo ata a data. As ditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo.

b) O día 15 de xullo.

c) O día 15 de outubro.

d) O día 15 de decembro.

As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres. A paga correspondente ó 15 de marzo, para o persoal que ingrese durante o ano, farase efectiva o día 31 de decembro, aboándoselle na súa parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ó traballo e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal

consideración a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.

O devengo das pagas é o seguinte:

-Beneficios.

Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro (do ano en curso).

-Verán.

Do 1 de xaneiro ó 30 de xuño (do ano en curso).

-Outubro.

Do 1 de outubro (do ano anterior) ó 30 de setembro (do ano en curso).

-Nadal.

Do 1 de xullo ó 31 de decembro (do ano en curso).

-Antigüidade.

a) A antigüidade, para todo o persoal de novo ingreso, será de trienios ó 5%, devengándose ó mes seguinte do vencemento.

b) Para o persoal proveniente de Frigodis, única e exclusivamente como condición ad personam, cunha antigüidade anterior a 1985, desfrutarán de bienios ó 5% do salario mínimo interporfesional, ata o máximo de 16 bienios, segundo o cálculo seguinte:

1. Bienios cumpridos ata o 1-11-1985, calculados a razón do 5% de 223,40 euros.

2. Bienios a cumprir a partir do 1-1-1985, calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional vixente no momento de cumprir tal bienio.

A cantidade resultante de suma-lo calculado nos puntos a) e b) configurará o importe da antigüidade adquirida.

Todo o persoal con antigüidade na empresa posterior ó 1-11-1985 terá trienios ó 5%.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias estructurais.

Teñen a consideración de horas extraordinarias estructurais:

a) As horas extraordinarias esixidas nos casos de:

a.1.)Risco de perda de materias primas e terminación de tarefas de carga e descarga e productos perecedoiros, cando exista risco orixinado por avaría de frío ou cando non houbese continuidade dos traballos por outra quenda, cun tope máximo dunha hora diaria, serán de obrigada realización.

a.2) Cando exista un risco inminente para as instalacións.

O prezo das horas extraordinarias que sexan realizadas polas causas expostas nos puntos a.1) e a.2), ó ser de obrigada realización, quedarán especialmente incrementadas nun 10% do seu valor, para os efectos de que o dita incremento compense os gastos de desprazamento do centro de traballo ó domicilio do traballador.

b) As horas extraordinarias que teñan a súa causa en pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza perecedoira das materias que se tratan.

Artigo 19º.-Idade de xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio ós 65 anos de idade, para todo o persoal da empresa, sempre que teñan cuberto o período de carencia necesario para ter dereito a pensión da Seguridade Social.

Ó producirse a xubilación conforme o disposto no parágrafo anterior, recoñeceráselle ó traballador un premio segundo a seguinte escala:

a) Traballadores cunha antigüidade de 30 anos: tres mensualidades.

b) Traballadores cunha antigüidade de 20 anos: dúas mensualidades.

c) Traballadores cunha antigüidade de 15 anos: unha mensualidade.

Se a xubilación se anticipa á idade de 65 anos, gratificarase con quince días máis por ano de anticipación.

Ámbalas partes estiman, igualmente como moi positiva a súa aplicación ós sesenta anos, mediante a utilización do mecanismo legal que se establece no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 20º.-Seguro.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa, mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantiralles ós traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día:

1.1. Por accidente non laboral.

1.1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador, ou no seu defecto a persoa que el mesmo asignase, percibirán a cantidade de corenta e un mil oitocentos sesenta e sete euros con oitenta e catro céntimos.

1.1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de corenta e dous mil setenta euros con dez céntimos para os primeiros casos, oitenta e catro mil cento corenta euros con dezanove céntimos para os segundos e cento sesenta e oito mil douscentos oitenta euros con trinta e sete céntimos para os terceiros.

1.2. Por accidente laboral.

1.2.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de corenta e dous mil setenta euros con dez céntimos.

1.2.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de corenta e dous mil setenta euros con dez céntimos para os primeiros casos, oitenta e catro mil cento corenta euros con dezanove céntimos para os segundos e cento sesenta e oito mil douscentos oitenta euros con trinta e sete céntimos para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador, de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para toda profesión e oficio.

Entenderase por gran invalidez a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros e entregaráselle unha copia oficial ó comité de empresa.

Para aqueles traballadores que se incorporen a este centro de traballo con posterioridade á entrada en vigor do convenio colectivo a empresa contratará, totalmente ó seu cargo, un seguro colectivo a favor dos seus traballadores, de quince mil seiscentos vinteseis euros con trinta e un céntimos para cada un, de forma que en caso de falecemento por accidente laboral ó servicio da empresa, a cantidade sexa cobrada polos seus herdeiros legais.

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigas da empresa en materias de Seguridade Social, senón un complemento dela.

Artigo 21º.-Complemento incapacidade temporal.

Cando o persoal da empresa sufra un accidente de traballo, terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando.

Para suposto de incapacidade como consecuencia de enfermidade, a empresa aboará o 100%, condicionado a que o mes anterior á súa baixa o absentismo da empresa non supere o 5% do total de traballadores, non téndose en conta as horas que utilicen os cargos sindicais para o desempeño das súas funcións para efectos do referido cálculo, continuando o resto do persoal da empresa percibíndoo como ata a data.

Seguridade e saúde laboral

Artigo 22º.-Principio xeral.

As partes asinantes do convenio comprométense a adopta-las medidas necesarias para asegura-la eficaz prevención dos riscos para a saúde e integridade física dos traballadores, actuando sobre os métodos

e as condicións de traballo, así como sobre a actitude das persoas, regulado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e resto das normas que a desenvolvan.

Artigo 23º.-Recoñecementos médicos.

Será obrigatoria a realización dun recoñecemento médico, con carácter previo á incorporación ó traballo, que efectuará o servicio médico de empresa ou unha entidade coa que se concerte tal prestación.

Así mesmo será obrigatorio o recoñecemento médico tanto para os choferes de todo tipo de vehículos como para os conductores de carretillas elevadoras. Este farase dentro da xornada laboral, e a empresa porá os medios necesarios para a súa realización por parte dos traballadores afectados.

Anualmente e en todo caso sempre que así proceda, efectuarase un recoñecemento médico a tódolos traballadores.

A empresa, a través do seu servicio médico, ou por entidades especializadas, poderá comproba-lo estado de saúde dos traballadores en situación de incapacidade temporal, respectando en todo caso o dereito á intimidade persoal.

Artigo 24º.-Pezas de roupa e medios de protección persoal.

A empresa proporcionaralles ós traballadores os medios e pezas de roupa de protección persoal que resulten esixibles para cada situación de risco.

Artigo 25º.-Vestiario.

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiarios adecuados ó traballo que efectúa. En tal caso, a empresa proverá o vestiario correspondente que estará composto das seguintes pezas de roupa:

* Persoal de peirao:

Botas de seguridade (1 par).

Xersei de peirao (1).

Chaqueta e pantalón funda (2).

* Persoal de conxelado:

Botas de seguridade (1 par).

Peto e chaqueta de frío (1).

Chaqueta e pantalón funda (2).

Xersei (1).

* Conductores:

Pantalóns de pinzas (2).

Cazadora (1).

Camisas (4).

Xersei de pico (2).

Botas de seguridade (1 par).

Artigo 26º.-Retirada do carné de conducir.

En caso de que por resolución administrativa a un conductor se produza a retirada do carné de con

ducir e sempre que isto sexa como consecuencia de conduci-lo vehículo da empresa e por orde e conta dela deberá ser acoplado a un posto de traballo o máis adecuado posible á súa categoría profesional. Se a retirada é por seis meses este beneficio só poderá ser utilizado unha soa vez.

Para o caso de que a retirada do carné de conducir sexa por resolución xudicial firme, o período non poderá ser superior a noventa días.

Quedan expresamente excluídos os casos de inxestión de drogas e/ou alcohol probada e/ou habitual.

Artigo 27º.-Pagamento de multas.

As multas por infracción de tráfico imputables a culpa ou imprudencia do traballador serán aboadas por este. En caso de que a infracción non se deba a culpa ou imprudencia do traballador, as multas serán aboadas pola empresa.

Réxime disciplinario

Artigo 28º.-Definición e graduación das faltas.

Son faltas as accións ou omisións dos traballadores cometidas con ocasión do seu traballo, en conexión con este ou derivadas del, que supoñan infracción das obrigas de todo tipo que ó traballador lle veñen impostas polo ordenamento xurídico, polo acordo xeral, o convenio colectivo e demais normas e pactos, individuais ou colectivos, clasificándose en leves, graves e moi graves.

Artigo 29º.-Faltas leves.

Considéranse faltas leves as seguintes:

1. Tres faltas de puntualidade no traballo, sen a debida xustificación, cometidas nun período de trinta días.

2. Non xustificar por calquera medio, con carácter previo á ausencia, podendo facelo, a imposibilidade de acurdir ó traballo e a súa causa.

3. O abandono do traballo dentro da xornada, sen causa xustificada, aínda que sexa por breve tempo.

4. Descoidos ou neglixencias na conservación do material e medios mecánicos de traballo.

5. A falta de respecto e consideración de carácter leve ó persoal da empresa e ó público, incluíndo entre elas as faltas de aseo e limpeza persoal.

6. A non utilización do vestiario e equipo que fose facilitado pola empresa con instruccións de utilización.

7. Faltar ó traballo un día, sen causa xustificada, no período dun mes.

8. Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

9. As discusións sobre asuntos extraños ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán ser consideradas como faltas graves ou moi graves.

Artigo 30º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante o período dun mes.

2. Faltar dous días ó traballo, durante un mes, sen causa xustificada.

3. Entregarse a xogos, calquera que sexan, dentro da xornada de traballo, se perturbasen o servicio.

4. A desobediencia ás ordes e instruccións do empresario en calquera materia de traballo, incluído o control de asistencia, así como non dar cumprimento ós trámites administrativos que sexan presuposto ou consecuencia da actividade que debe realiza-lo traballador.

5. A alegación de causas falsas para as licencias.

6. A reiterada neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha del.

7. As imprudencias ou neglixencias en acto de servicio. Cualifícase de imprudencia en acto de servicio o non uso de pezas de roupa e equipos de seguridade de carácter obrigatorio.

8. Realizar sen permiso traballos particulares durante a xornada, así como o emprego para usos propios do material da empresa.

9. As faltas de respecto e consideración ós que traballan na empresa, ós usuarios e ó público, que constitúan infracción dos dereitos constitucionalmente recoñecidos a eles.

10. O abuso de autoridade con ocasión do traballo, considerándose tal a comisión dun feito arbitrario sempre que concorra infracción manifesta e deliberada dun precepto legal e prexuízo notorio para o seu inferior.

11. Os expresados nos puntos 2, 3, 4 e 7 do anterior artigo, sempre que:

A falta de notificación, con carácter previo á ausencia, o abandono de traballo dentro da xornada, ou a falta ó traballo sen causa xustificada, sexan motivo de atraso na saída dos vehículos ou produzan transtorno no normal desenvolvemento da actividade; e que dos descoidos ou neglixencias na conservación do material se deriven prexuízos para a empresa.

12. A reiteración ou reincidencia na falta leve (excluída a de puntualidade), aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediando sanción que non sexa a de amoestación verbal, e calquera outra de natureza análoga ás precedentes.

13. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza, de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

Artigo 31º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade cometidas nun período de seis meses, ou vinte durante un ano.

2. As faltas inxustificadas ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período de seis meses, ou dez días alternos durante un ano.

3. A indisciplina ou desobediencia no traballo. Considerarase en todo caso como falta moi grave cando implique quebranto da disciplina ou dela derive prexuízo para a empresa ou compañeiro de traballo.

4. As ofensas verbais ou físicas ó empresario ou ás persoas que traballan na empresa ou os familiares que convivan con eles.

5. A transgresión da boa fe contractual, así como o abuso de confianza no desempeño do traballo, considerándose como tales a fraude ou a deslealdade nas xestións encomendadas, o furto ou o roubo, tanto ós seus compañeiros de traballo coma á empresa ou a calquera persoa, realizando dentro das dependencias ou vehículos dela ou en calquera lugar, se é en acto de servicio; viola-lo segredo da correspondencia ou revelar a estraños datos que se coñezan por razón do traballo.

6. A diminución continuada e voluntaria no rendemento do traballo normal ou pactado.

7. A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercuten negativamente no traballo.

8. O abandono do traballo, aínda que sexa por breve tempo, se fose causa de accidente.

9. A imprudencia ou neglixencia en acto de servicio se implica risco de accidente ou perigo de avaría para a maquinaria, vehículo ou instalacións.

10. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, sempre que se cometan dentro dun trimestre ou fosen sancionadas, e calquera outra de natureza análoga ás precedentes.

Artigo 32º.-Privación de liberdade.

Non se considerará inxustificada a ausencia ó traballo por privación de liberdade do traballador, se este fose posteriormente absolto dos cargos que desen lugar á detención.

Artigo 33º.-Sancións.

1. As sancións que se poderán impor pola comisión de faltas disciplinarias serán as seguintes:

a) Por faltas leves: amoestación verbal ou por escrito; suspensión de emprego e soldo de ata dous días.

b) Por faltas graves: suspensión de emprego e soldo de tres a quince días; postergación para o ascenso ata tres anos.

c) Por faltas moi graves: suspensión de emprego e soldo de dezaseis a corenta e cinco días; inhabilitación definitiva para o ascenso; despedimento.

2. As multas impostas por infracción das disposicións sobre tráfico e seguridade vial deberán ser satisfeitas polo que sexa responsable delas.

Artigo 34º.-Prescrición.

As faltas dos traballadores prescriben: ós dez días hábiles as leves, ós vinte días hábiles as graves e

ós sesenta días hábiles as moi graves, contados a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da comisión da falta e, en todo caso, ós seis meses de se cometer.

Artigo 35º.-Afiliación do traballador a organizacións sindicais.

Os traballadores que desexen que a súa afiliación a un sindicato conste ó seu empresario, para efectos do disposto no derradeiro parágrafo do punto 1º de artigo 55 do Estatuto dos traballadores, deberanllo notificar por escrito, tendo aquel obrigación de xustifica-la recepción da comunicación.

Disposición adicional única

No non previsto neste convenio haberá que se ater ó disposto no acordo xeral laboral para as empresas de transporte de mercadorías por estrada e normas de rango superior que o poidan afectar.

Artigo 36º.-Comisión paritaria interpretadora do convenio.

Esta comisión estará composta por tres membros da representación dos traballadores e tres membros

da representación empresarial. A comisión estará presidida pola persoa que nomeen os seus membros.

As funcións da comisión paritaria serán as de interpretar autenticamente o convenio colectivo, a arbitraxe das cuestións ou problemas sometidos á súa consideración polas partes, vixia-lo estricto cumprimento do pactado. Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria das dúbidas e discrepancias que se puidesen producir como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio colectivo.

Para que a dita comisión emita dictame e actúe na forma regulamentariamente prevista, requirirase o acordo maioritario de ámbalas representacións con carácter previo á formulación dos distintos supostos ante a xurisdicción competente.

A comisión paritaria reunirase de forma obrigatoria por instancia de calquera das partes, cun aviso previo de 48 horas.

Acórdase fixar como domicilio da comisión paritaria do convenio, para tódolos efectos, o domicilio do centro de traballo de Vigo, sito na rúa Raposeira, nº 22, 36214, Vigo (Pontevedra).

ANEXO I

CategoríasSalario

base

Complementos

convenio

Mellora

volunt.

Complemento

asistencia

Posto

traballo

Traballos

penosos

Compl.

persoal

* Administrativos

-Oficial 2ª
Julio Eiriz Blas517,13311,731,4291,0458,70
Julio C. Tizón Barciela517,13311,731,42193,22

-Aux. administrativo
Antonio Iglesias Martínez517,1375,7023,470,87

* Profesionais de oficio e persoal obreiro

-Encargado peirao
Fco. Javier Amoedo Varcárcel517,13222,21103,43
Pablo Pérez Rodríguez517,13222,21103,42

-Carretilleiros
Antonio González Pérez517,1396,29103,43119,46
Juan Ant. Iglesias Rivas517,1396,29103,43119,46
Ubaldo Estévez Alonso517,1396,29103,43119,46
Ricardo Freitas Couñago517,1396,29103,43119,46
Ángel Darroza Miñán517,1396,29103,43119,46
Fco. Javier Paz Martínez517,1396,29103,43119,46
Francisco Balado Val517,1396,29103,43119,46
Manuel Esteve García517,1396,29103,43119,46
José A. Araújo Romero517,1396,29103,43119,46
M. Antonio Álvarez Gaspar517,1396,29103,43119,46

-Mozo especialista
Serafín García Suárez517,1316,75290,071,10129,2850,71
Benito Alemparte Conde517,1322,5540,951,10129,28

ANEXO I (continuación) 2002

CategoríasSalario

base

Complemento

convenio

Mellora

volunt.

ActividadeComplemento

asistencia

Traballos

penosos

Compl.

persoal

Operario
Julio Gómez Barral517,13133,3551,7250,21

Mozo cámara
Manuel Rodríguez Rodríguez517,1322,550,91129,28143,41
Manuel Lourido Marqués517,1380,361,88103,42

Mozo picking
Pablo Fernández Burgo517,1322,5554,220,91129,28
Abilio Fernández Oliva517,1322,550,91129,28
Florentino Pérez Alonso517,1322,550,91129,28

CategoríasSalario

base

Complemento

convenio

Mellora

volunt.

ActividadeComplemento

asistencia

Traballos

penosos

Compl.

persoal

Repartidor

Horas

presencia

Juan M. Rentero Frasquet563,66105,94435,31
Manuel B. Iglesias Sainza563,66103,77435,31
Francisco Rodríguez Costas563,66103,77435,31
Álvaro Novas Cendón563,66101,88435,31
Miguel A. Lorenzo Alfonso563,66104,88435,31

Horas extraordinarias
Carretilleiro12,18
Administrativo10,10
Mozo peirao12,37
Mozo picking10,75

Bolsa vacacións
Persoal procedente Firgodis355,98
Persoal procedente Frinova152,06

ANEXO II

Salario base 2002

Persoal superior técnico
Xefe de servicio914,58
Inspector principal800,25
Enxeñeiros e licenciados839,57
Enxeñeiros técnicos e auxiliar titulado643,07
Axudantes técnicos sanitarios585,94

Persoal administrativo
Xefe de sección666,89
Xefe de negociado619,25
Oficial de primeira576,94
Oficial de segunda528,83
Auxiliar administrativo501,60
Aspirantes de 16 e 17 anos

(Salario mínimo segundo a súa idade)

Persoal de agencias de transporte
Encargado xeral690,73
Encargado de almacén658,94
Capataz627,20
Auxiliar de almacén e basculeiro530,05
Mozo especializado18,41
Mozo de carga, descarga e reparto17,83

Transporte de mercancías
Xefe de tráfico de primeira690,73
Xefe de tráfico de segunda658,94
Xefe de tráfico de terceira627,20
Conductor mecánico20,19
Conductor19,81
Conductor de motos e furgonetas18,99
Axudante18,48
Mozo especializado18,41
Mozo de carga, descarga e reparto17,83

Persoal subalterno
Cobrador de facturas501,60
Telefonista501,60
Porteiro501,60
Vixilante501,60
Limpadora (por hora)1,99
Botóns de 16 a 17 anos

(Salario mínimo segundo a súa idade)

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE