Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 79

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2002 pola que se anuncia a apertura dunha nova convocatoria (3ª) para a presentación de solicitudes de concesións de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Ortigueira.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura dunha nova convocatoria pública (3ª) para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Ortigueira, polo período necesario para que se cubran tódalas prazas

de amarre, e contado este desde o día seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona centro deste ente público, sita na rúa Alférez Provisional 1-1º, 15006, A Coruña.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito na devandita sede central de Portos de Galicia as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia