Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 79

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 5 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores OU 507/2002 IN e OU 512/2002 IN devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolver este expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 5 de decembro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/anoDenunciado

DNI

Último enderezo

coñecido

Feito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

euros

OU 507/2002 INAntonio de Sousa Ferreira

X-1321430-B

Progreso, nº 75-3º

32350 A Rúa

Abandono de vehículo BI-2835-ZArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e incendios forestais.300,51

OU 512/2002 INManuel Garrido Blanco

34582953

Pardo Bazán, nº 35

32004 Ourense

Abandono de vehículo OR-020902Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e incendios forestais.300,51