Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 20

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da organización sindical Unión de Técnicos Especialistas Sanitarios de Galicia (Utesga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sin-

dical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da organización sindical Unión de Técnicos Especialistas Sanitarios de Galicia (Utesga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita organización sindical tódolos técnicos especialistas de laboratorio das distintas ramas sanitarias, así como tódolos titulados en formación profesional de grao superior, nas distintas titulacións sanitarias.

Asinan a acta de constitución: Pilar Sánchez Pérez e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais