Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 20

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/168-2, 5962 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Goá.

Situación: Cospeito-Abadín.

Descricións técnicas: L.M.T.A. a 20 kV con 0,058 km de lonxitude con orixe en L.M.T. Vilalba-Ponte de Outeiro e final en C.T. de Tumbo e conductor tipo LA-56. L.M.T.A. a 20 kV con 0,033 km de lonxitude con orixe en L.M.T. a C.T. de Casablanca e final en C.T. de Ponte do Crego e conductor tipo LA-56. L.M.T.A. a 20 kV con 0,487 km de lonxitude con orixe en L.M.T. Vilalba-Ponte de Outeiro e final en C.T. de Riocasas e conductor tipo LA-56. 3 C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Modificación de C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T.A. de 0,77 km de lonxitude con orixe en C.T. de Tumbo e conductor tipo R.Z. L.B.T.A. de 0,825 km de lonxitude con orixe en C.T. de Ponte do Crego e conductor tipo R.Z. L.B.T.A. de 1,4 km de lonxitude con orixe en C.T. de Riocasas e conductor tipo R.Z. L.B.T.A. de 1,86 km de lonxitude con orixe en C.T. de Pacio e conductor tipo R.Z. L.B.T.A. de 1,125 m de lonxitude con orixe en

C.T. de Casablanca e conductor tipo R.Z. L.B.T.A. de 0,975 km de lonxitude con orixe en C.T. de Xubín e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS