Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 19

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/475-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: adecuación instalacións L.M.T. e R.B.T. zona Seminario-Meixoeiro.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15 kV, 150 m de lonxitude, conductor tipo LA-56, desde un apoio existente da L.M.T. S.D.M. 7.11, próximo ó C.S. Residencia Meixoeiro ata o apoio proxectado tipo CH-1600/15 desde o que continúa a liña subterránea ó C.T. residencia Meixoeiro. Variante L.M.T. subterránea a 15 kV, conductor tipo R.H.V., 100 m de lonxitude, desde o apoio que se vai colocar tipo CH-1600/15 na L.M.T. S.D.M. 7.11 á altura do cruzamento da estrada vella de Madrid co camiño Tixolo, rematando no apoio que se vai colocar tipo CH-160/13 na mesma liña, á altura do cruzamento da estrada vella de Madrid coa rúa Naia. L.M.T. subterrránea, a 15 kV, conductor tipo R.H.V., 500 m de lonxitude, desde o apoio que se vai colocar tipo CH 1600/15 na L.M.T. S.D.M. 7.11, á altura do cruzamento da estrada vella de Madrid co camiño Tixolo, rematando no apoio que se vai colocar tipo CH-1600/15 desde o que se realizan as derivacións ós CC.TT. Prebetón, Instituto Politécnico, Sello e Emavisa

Sello. Recuamento R.B.T., L.M.T., S.D.M. 7.11 á altura do cruzamento da estrada vella de Madrid co camiño Tixolo, rematando no apoio que se vai colocar tipo CH-1600/15 na mesma liña. Recuamento R.B.T. aérea, de 40 m de lonxitude, conductor tipo R.Z., desde varios CC.TT. Recuamento R.B.T. subterránea, de 1.513 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde varios CC.TT.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 21 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra