Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 18

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/473-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: adecuacións instalacións predio San Roque-r/ Filipinas.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. sub., a 15 kV, 715 m de lonxitude, desde o C.T. Couto S. Honorato 10 alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta na rúa Filipinas, de 250 kVA, R/T 15 kV-380/220 V, rematando no punto de inicio da liña. L.M.T. sub., a 15 kV, 115 m de lonxitude, conductor tipo R.H.V., desde o C.T. proxectado na rúa Filipinas,

ata o empalme coa L.M.T. ó C.T. Colexio Hogar, á altura da rúa Amador Montenegro. R.B.T. aérea, de 75 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. proxectado San Roque, na rúa Filipinas. R.B.T. subterránea, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 21 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra