Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 16

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (900/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 900/2001 por instancia de Manuel Casanova Pazos contra Paz Pita, S.L., sobre salarios nos que recaeu sentencia

en data 20-11-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido: que estimando a demanda promovida por Manuel Casanova Pazos contra a empresa Paz Pita, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que aboe ó demandante a cantidade de 1.506,03 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda. Notifíquese este resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso. Así, por esta a miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Paz Pita, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 20 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado