Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 16

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (1973/2001).

Na Coruña a vinteún de outubro de dous mil dous.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada Caseiro, presidenta, Luis Barrientos Monge, María Dolores Fernández Galiño, maxistrados.

En nome de El-Rei, pronunciaron a seguinte sentencia:

«Visto en grao de apelación PEante esta Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, os autos de xuízo executivo 697/1999, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, ós que respondeu o rolo 1973/2001, nos que aparece como parte apelante o demandante Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador Carlos González Guerra e como apelados demandados, declarados en situación procesual de rebeldía, Julio Blanco Antonio, Carlos Blanco Antonio e Irene González Diéguez, sobre reclamación de cantidade e sendo maxistrada relatora María Dolores Fernández Galiño.

Decidimos.

Estimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Banco Bilbao Vizcaya, S.A. contra a sentencia de data 14-9-2001 do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, debemos revogar e revogamos esta no sentido de precisar que a cantidade reclamada en concepto de principal devengará os xuros pactados. Todo iso sen facer pronunciamento das custas da apelación.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste, expido e asino este edicto na Coruña, dezanove de novembro de dous mil dous.

Rubricado