Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2002, da Dirección Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso e tramitación anticipada do expediente de gasto, do concurso público 1/2002, para o abastecemento sucesivo de productos para a incontinencia urinaria nos centros socio-sanitarios da provincia de Lugo.

A Dirección Provincial do Sergas de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no punto 3 f) do artigo 25 do Decreto 45/2002, do 8 de febreiro (DOG do 20 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde, convoca concurso público, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para o abastecemento sucesivo de productos para a incontinencia urinaria nos centros socio-sanitarios na provincia de Lugo.

1. Obxecto e orzamento.

Adquisición de material de incontinencia urinaria, por lotes.

Lote 1: absorbentes día rectangular para adultos.

Lote 2: absorbentes anatómicos día sen elásticos para adultos.

Lote 3: absorbentes anatómicos noite sen elásticos para adultos.

Lote 4: absorbentes súper noite anatómicos sen elásticos para adultos.

Lote 5: absorbentes noite anatómicos con elásticos.

Absorbentes súper noite anatómicos con elásticos.

Orzamento:

Ano 2003, 360.421 A (IVE incluído).

Ano 2004, 360.421 A (IVE incluído).

2. Variantes: non se admiten variantes.

3. Prazo de execución.

O abastecemento será desde a formalización do contrato, cunha duración de dous anos, admitíndose a posibilidade de prórroga.

4. Documentos de interese para os licitadores.

A documentación deste concurso pode ser solicitada no Servicio de Xestión Económica e Investimentos, da Dirección Provincial do Sergas, na rúa Montevideo nº 9, 27001 Lugo. Teléfono 982 29 69 17; fax 982 29 69 07.

5. Criterios de adxudicación.

Calidade do producto, ata 45 puntos.

Prezo, ata 35 puntos.

Servicio técnico de subministración, ata 15 puntos.

Outros servicios relacionados coa subministración, ata 5 puntos.

6. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica.

Acreditación por un ou varios dos medios contidos nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Presentación de proposicións.

No rexistro da Dirección Provincial do Sergas en Lugo, rúa Montevideo nº 9, 27001 Lugo, sen prexuízo do determinado no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas (BOE do 27 de novembro), antes das 14 horas do día 20 de xaneiro de 2003.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Sergas de Lugo a remisión da oferta, mediante fax ou telegrama no mesmo día.

8. Apertura de proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas en Lugo, ás 10 horas do día 31 de xaneiro de 2003.

9. Documentación que hai que achegar.

A que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios.

Os anuncios deste concurso serán a cargo da/s empresa/s adxudicataria/s do contrato. O seu importe máximo será de 3.600 A.

Lugo, 15 de novembro de 2002.

Eugenia Lázare Vila

Directora provincial de Lugo