Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO do 26 de novembro de 2002, da Área Provincial da Coruña, polo que se require a retirada dos mobles da vivenda sita na Coruña, polígono do Birloque, bloque 6, 9º D, conta 236, expediente C1CD79, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles.

Con data do 21 de febreiro de 2002 produciuse a renuncia á propiedade dos ocupantes da vivenda situada na Coruña, polígono do Birloque, bloque 6, 9º D, conta 236, expediente C1CD79 coa consegunte recuparación da posesión desta. A dita renuncia é consecuencia do expediente de resolución de contrato por falta de pagamento seguido contra Ramón Aller Rivero e Mª Luisa Pose Fuentes.

No momento da toma de posesión da vivenda observouse que existen nesta diversos mobles e utensilios que non foron retirados polos seus propietarios, polo que, despois de diversas indagacións e descoñecendo o domicilio actual destes, requírese a aquelas persoas que puideran ter dereito sobre os ditos mobles, para que, unha vez acreditado, retiren estes

no inmoble no prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito plazo consideraranse bens abandonados para tódolos efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (edificio de Servicios Múltiples. Salvador de Madariaga s/n, A Coruña. Teléfono 981 18 48 00).

Expido, asino e selo este anuncio na Coruña, 26 de novembro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña