Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/444-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: avda. Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Lomba-Areas II.

Situación: concello de Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 100 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde o apoio nº 1 da L.M.T. ó C.T. Avigán ata o C.T. que se proxecta na Lomba-Areas II, no concello de Ponteareas, de 50 kVA, R.T. 20 kV-230/440 V. R.B.T. aérea, de 900 m de lonxitude, con conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 19 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra