Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: avda. Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Campo da Moura-Ribadetea.
Situación: concello de Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 100 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a torre metálica que alimenta a cerámica de Ponteareas, ata o C.T. que se proxecta en Campo da Moura-Ribadetea, no concello de Ponteareas, de 50 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 1.900 m de lonxitude, con conductor de aluminio R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 19 de novembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra