Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.106

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 20 de decembro de 2002 pola que se incrementa o crédito orzamentario previsto na Orde do 29 de abril de 2002, pola que se convocan axudas de carácter socioeconómico para o exercicio de 2002.

Na Orde do 29 de abril de 2002, pola que se convocan axudas de carácter socioeconómico para

o exercicio do ano 2002, consignouse un crédito orzamentario para atende-las axudas solicitadas ó abeiro da dita disposición de acordo coas previsións existentes.

Agora é posible incrementar substancialmente o dito crédito, para atende-las subvencións realmente solicitadas, ó existir remanentes de crédito incorporados á correspondente aplicación.

Para tal efecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Incremento de crédito.

Increméntase o crédito orzamentario previsto no artigo 2 da Orde do 29 de abril de 2002, pola que se convocan axudas de carácter socioeconómico para o exercicio do ano 2002 (Diario Oficial de Galicia do 30 de maio, na cantidade de 1.559.256,29 euros, que sumados ós 463.268 euros previstos inicialmente totalizan 2.022.524,29 euros, permanecendo invariables o resto de condicións previstas na dita orde e sen que se abra un novo prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos