Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.103

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 26 de decembro de 2002 pola que se establecen as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

O Decreto 332/1995, do 27 de decembro, establece para a Comunidade Autónoma de Galicia as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios coa finalidade de que un maior número de agricultores e gandeiros poidan beneficiarse das vantaxes que supoñen os seguros como un instrumento que lles permite facer fronte ás perdas económicas que poidan ter nas súas produccións como consecuencia da actuación de axentes alleos, coma a climatoloxía, enfermidades, etc.

Tendo en conta a evolución da contratación de seguros agrarios nas últimas campañas, e as recomendacións da Comisión Europea en canto a contías máximas de subvención por tipos de seguros e coberturas e o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, é necesario regular mediante a presente orde determinados aspectos das axudas para fomenta-la contratación de seguros durante o ano 2003.

Conforme o previsto no artigo 5 do título II da Lei 87/1978, do 28 de decembro, e o Regulamento que a desenvolve, aprobado por Real decreto 2329/1979, do 14 de setembro, a entidade estatal de seguros agrarios ten previsto elabora-lo Plan de Seguros Agrarios Combinados para o exercicio 2003, o contido do cal se axustase ó Acordo de Bases para a elaboración dos plans de seguros agrarios com

binados, para o trienio 2001-2003, aprobado pola Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos, de data do 8 de novembro de 2000.

No plan determinaranse as distintas porcentaxes de subvención que lle corresponden á Administración do Estado, para achegar por Enesa, nos diferentes grupos de liñas de seguro e os criterios para súa asignación; os estudios de viabilidade e condicións de cobertura ás novas liñas de seguro ou garantías adicionais que se poden incorporar como novidades; a elaboración e revisión das normas de peritación; as datas de subscrición e prazos de elaboración de cada seguro; e demais cuestións relacionadas co plan.

O Plan Anual de Seguros Agrarios aprobarase para o 2003 por Acordo do Consello de Ministros, que oportunamente se publicará no BOE. Nel mantéñense as novas liñas e novidades do plan anterior, coma a inclusión de riscos excepcionais non controlables polo agricultor nas liñas de froiteiras, kiwi e hortalizas (choivas persistentes), o seguro de pataca, equino, e a de cobertura dos gastos derivados da destrucción de animais bovinos mortos na explotación (Materiais Específicos de Risco MER).

Mediante esta orde, e en desenvolvemento do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, a Comunidade Autónoma de Galicia participará nas subvencións que financien as pólizas de seguro que se prevexan no plan anual estatal, co fin de fomenta-la contratación de seguros agrarios.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I 3 do Estatuto de autonomía de Galicia no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983,

modificada pola Lei 11/1988, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 25/1998, do 22 de xaneiro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e beneficiarios.

1. O obxecto desta orde é establecer, no ano 2003, as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2003, ó abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

2. Poderán ser beneficiarios das devanditas axudas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre e cando subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas a partir do plan anual de seguros agrarios combinados de 2003, ou pólizas de liñas gandeiras a partir do plan anual de seguros agrarios combinados de 2002 e 2003, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde.

Artigo 2º.-Entidades aseguradoras autorizadas.

A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Facenda e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras de los Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados e demais normativa de desenvolvemento.

A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores rexistrados pola Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa).

Artigo 3º.-Liñas de seguros suvencionables e contía da axuda.

1. Para o ano 2003 a subvención da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural queda establecida para as liñas de contratación dos grupos establecidos no anexo I desta orde do seguinte xeito:

A) Unha porcentaxe sobre a axuda á contratación que lle corresponde de Enesa, que será:

a) Do 18% para tódalas liñas de contratación dos grupos I, II, III e IV, reflectidos no anexo I, agás nos casos dos apartados b) e c) seguintes.

b) Do 55%, para as liñas de uva de vinificación, froiteiras (mazá de mesa, pera, pexego, albaricoque e ameixa), cereixa e kiwi, en calquera das súas modalidades de contratación.

c) Do 22%, para as liñas de seguro de explotación de gando vacún reproductor e recría e seguro de explotación de cebo.

B) Unha porcentaxe do 30% sobre o custo neto do seguro, para a liña do seguro do grupo V de cobertura de gastos derivados da destrucción de animais bovinos mortos nas explotacións (MER).

2. A concorrencia das axudas das administracións públicas non superarán as porcentaxes máximas establecidas nas directrices comunitarias (2000/C

28/02) sobre axudas estatais ó sector agrario para atender posibles perdas causadas por desastres naturais e acontecementos de carácter natural ou por fenómenos climáticos adversos asimilables a desastres naturais.

Artigo 4º.-Procedemento e prazos de execución.

1. A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda, sempre e cando se realice dentro dos períodos de suscrición establecidos pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación e, ademais, se formalicen os distintos puntos referentes á subvención que se conteñan na declaración de seguro. En todo caso, na declaración de seguro especificarase, no epígrafe de subvencións para comunidades autónomas, a expresión literal de subvención da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As datas de inicio e o prazo da suscrición e formalización da correspondente póliza de seguro, sinálanse de forma particular para cada liña de contratación no plan anual vixente, onde constan as datas de inicio para a subscrición das pólizas do seguro de que se trate.

3. O importe da axuda que lle corresponda á Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, deduciranse do importe da prima que vai aboa-lo tomador ou o asegurado no momento da suscrición da póliza. As cantidades así descontadas serán pagadas pola consellería a Agroseguro contra certificacións de liquidación, sempre de acordo co procedemento establecido no correspondente convenio de colaboración subscrito entre a consellería e Agroseguro.

4. No dito convenio estableceranse os prazos e a documentación que Agroseguro deberá acompañar a cada certificación de liquidación co fin de que se poidan efectua-las comprobacións oportunas para a resolución por parte da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, antes de realiza-los correspondentes pagamentos da axuda a Agroseguro.

5. Dentro das dispoñibilidades orzamentarias e de acordo coa orde de presentación de solicitudes, o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, logo de proposta do director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, dictará a correspondente resolución de concesión ou denegación da axuda, no prazo máximo de seis meses contados desde a presentación da solicitude. Poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo as solicitudes, se no devandito prazo non se dictase a correspondente resolución.

1. As resolucións expresas ou presuntas dictadas en aplicación desta orde, esgotan a vía administrativa e, contra elas, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación ou de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben poderá ser impugnada directamente ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo competente no prazo de dous

meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, se é expresa; ou de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 5º.-Obrigas dos beneficiarios e tomadores dos seguros.

1. Os tomadores dos seguros e, se é o caso, os asegurados beneficiarios achegarán unha lista-resumo das pólizas subscritas así como toda aquela documentación relacionada coa contratación do seguro, sempre que así lles fose esixida expresamente pola Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria. Así mesmo, aqueles terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

2. Na formalización do seguro, os beneficiarios das axudas farán consta-las axudas solicitadas ou concedidas, das distintas administracións públicas competentes, para a mesma finalidade.

3. O incumprimento das obrigas sinaladas nos dous puntos anteriores poderá supoñe-la perda total ou parcial da axuda, así como a obriga de restituí-las cantidades percibidas, sen prexuízo doutras responsabilidades en que puidesen incorre-los beneficiarios ou perceptores.

Artigo 6º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións que se tivesen en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión da axuda.

Artigo 7º.-Reintegro das axudas.

No caso de pagamentos indebidos, os beneficiarios ou perceptores das axudas quedarán obrigados ó reembolso do importe indebidamente percibido, xunto cos xuros de demora devengados desde o pagamento.

Artigo 8º.-Financiamento.

1. Para a concesión das axudas reguladas na presente orde existe crédito adecuado e suficiente con cargo ó proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, por un importe total de 4.942.604 euros, que se verá incrementada con outros remanentes orzamentarios e sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias, na aplicación 09.03.614-A.773.0.

2. De conformidade co establecido na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, posibilítase a tramitación anticipada de expedientes de gasto, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos do exercicio do ano 2003 aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, neste momento en trámite parlamentario, quedando sometida a concesión das ditas axudas á condición

suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da súa resolución.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria para dicta-las instruccións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2002.

Juan Miguel Díz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

ANEXO

Grupos de liñas de seguro para efectos

da aplicación das subvencións

Liñas de seguroData inicio subscriciónSubvenc. Xunta (%)

* Liñas de seguro incluídas no grupo I:

Seguro combinado de cereais de inverno1-3-200318

Seguro combinado de cereais de primavera1-3-200318

Seguro combinado de leguminosas grao1-3-200318

Póliza multicultivo en cultivos herbáceos extensivos1-3-200318

* Liñas de seguro incluídas no grupo II:

Seguro combinado de kiwi15-1-200355

Seguro combinado de alcachofa1-7-200318

Seguro combinado de allo1-9-200318

Seguro combinado de berenxena15-1-200318

Seguro combinado de cebola15-1-200318

Seguro combinado de coliflor e brócoli1-3-200318

Seguro combinado de cultivos protexidos1-6-200318

Seguro combinado de amorodo e amorodo grande1-9-200318

Seguro combinado de chícharo verde1-7-200318

Seguro combinado de faba verde1-7-200318

Seguro combinado de feixós15-1-200318

Seguro combinado de leituga1-3-200318

Seguro combinado de melón15-1-200318

Seguro combinado de pemento15-1-200318

Seguro combinado de pataca1-1-200318

Seguro combinado de sandía15-1-200318

Seguro combinado de tomate15-1-200318

Seguro combinado de tomate de inverno1-4-200318

Seguro combinado de cenoria15-1-200318

Póliza multicultivo en hortalizas1-3-200318

Seguro combinado de lúpulo1-3-200318

Seguro combinado de viveiros de viñedo1-2-200318

Tarefa xeral combinada1-3-200318

* Liñas de seguro incluídas no grupo III (incluídos seguros complementarios e extensións de garantías):

Seguro integral de cereais de inverno en secano1-9-200318

Seguro integral de leguminosas grano en secano1-9-200318

Seguro combinado de froiteiras: albaricoque, ameixa, mazá, pexego e pera1-1-200355

Seguro combinado de cereixa1-1-200355

Seguro combinado de cítricos1-4-200318

Póliza multicultivo en cítricos1-4-200318

Seguro combinado de caqui1-4-200318

Seguro combinado de níspero (**)1-10-200318

Seguro combinado de uva de vinificación15-1-200355

Seguro de explotación de gando ovino e caprino15-1-200318

Seguro de explotación de gando vacún reproductor

e de recría

15-1-200322

Seguro de explotación de gando vacún de cebo15-1-200322

Seguro de explotación de gando equino1-7-200318

Seguro de gando vacún de alta valoración xenética (**)1-7-200318

Liñas de seguroData inicio subscriciónSubvenc. Xunta (%)

Seguro para a cobertura de danos por seca en pastos1-7-200318

* Liñas de seguro incluídas no grupo IV (incluídos seguros complementarios e extensións de garantías):

Seguro de rendementos en explotacións de cultivos herbáceos extensivos1-9-200318

Seguro de explotación de froiteiras1-1-200355

Seguro de rendementos de uva de vinificación1-10-200355

* Liñas de seguro incluídas no grupo V:

Seguro para a cobertura de gastos derivados da destrucción de animais bovinos mortos na explotación (MER)15-1-200330 (*)

* Liñas de seguro de rendas:

Seguro de ingresos de pataca (**)15-3-200318

(*) Sobre o custo neto da póliza.

(**) A incorporación destas liñas está condicionada á realización dos correspondentes estudios de viabilidade, nos prazos previstos.