Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 18.004

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-la adquisición e implantanción dun software tipo ERP (Enterprise Resource Planning) para a área de xestión da Fundación.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sitas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, de 12 a 14 horas, ata o 20 de xaneiro de 2003 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, de 12 a 14 horas, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es, desde o día 2 ata o 20 de xaneiro de 2002 (incluído). No caso de precisar máis información, pódese chamar ó teléfono 981 54 64 31.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2002.

Carmen Rial Lobatón

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061