Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 18.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1266/2001).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 8 de novembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno, por catorce votos a favor e doce en contra, acordou:

1. Aprobar definitivamente o estudio de detalle de reordenación de aliñacións e rasantes do sector A-6, promovido por Manuel Freijeiro Mato, en representación de xunta de compensación do sector A-6, no sentido de suprimir do acordo a referencia ós detalles constructivos das escaleiras peonís, que se entenderán suprimidos do proxecto de estudio de detalle e ó muro de contención, que xa está sendo obxecto de expediente de disciplina urbanística.

2. Continua-lo trámite do expediente 1000/01 do Negociado de Disciplina Urbanística, requirindo a presentación do correspondente expediente de legalización das obras de construcción do muro.

O que se fai público de conformidade con disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 22 de novembro de 2002.

O alcalde

Rubricado