Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.982

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao superior (grupo A), escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), pola que se ordena a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron o citado proceso.

En sesión que tivo lugar o día 17 de decembro de 2002 o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o aceso á escala do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) correspondente á titulación de enxeñeiros de camiños, canles e portos, convocado pola Orde do 8 de outubro de

2001, acordouse, de conformidade coa base IV da citada convocatoria, publica-la proposta de aspirantes que superaron, por orde de puntuación, as citadas probas na quenda de acceso libre.

Así mesmo, tal e como dispón a mencionada base IV, acordouse eleva-la citada proposta á directora xeral da Función Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.5 da convocatoria e é a que figura no anexo I, que se xunta á presente resolución.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2002.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do tribunal

ANEXO

Proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao superior

(grupo A), escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos da Xunta de Galicia

Acceso libre.

OpositorDNIExame 1ºExame 2ºExame 3ºExame 4ºConcursoNota final

Serantes Barbeito, José Antonio32840663-K15,7611Exento8,516,051,26

Gómez Rey, Ángel Manuel32609441-H15,2513,5Exento7,2515,251,20

Palacios Alonso, María Teresa32794785-M18,1313Exento7,211,449,73

Castro Blanco, Roberto Antonio32810934-P14,7416Exento5,59,846,04

Arias Sánchez, Roberto32753504-D15,4213Exento7,79,845,92

Pacheco Sancho, José Ramón24259965-W15,0814Exento59,843,88

López Jato, Raquel4481008014,5720Exento6,70,041,27

Gestal Ernau, Luis Alberto47357824-L11,8610Exento7,39,838,96