Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.981

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de topógrafos, pola que se eleva a definitiva a puntuación da fase de concurso.

Ó abeiro do establecido na base II.I.4 da convocatoria para o proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de topógrafos, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, por resolución do tribunal cualificador do 26 de novembro do ano que corre, publicouse a baremación da fase de concurso, indicando a puntuación obtida por cada aspirante.

Unha vez rematado o prazo de dez días hábiles para formular reclamacións contra esta, sen que se presentase ningunha, procede, xa que logo, elevar a definitiva, figurando como anexo á presente resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) desta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2002.

Manuel González Torres

Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de topógrafos, acceso libre.

Fase de concurso. Listaxe definitiva de valoración de méritos.

-Apelidos e nome: Leivas Montero, Iván.

DNI: 33327278-W.

Total: 0,000.

-Apelidos e nome: Martínez Pardo, Olga María.

DNI: 76573751-N.

Base II.1.2.2: 4,6 puntos.

Total: 4,600.

-Apelidos e nome: Pino Martínez, Isabel María del.

DNI: 03790442-C.

Base II.1.2.2: 5 puntos.

Total: 5,000.

-Apelidos e nome: Valdés Peña, Gumersindo Amalio.

DNI: 76808230-Y.

Total: 0,000.