Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.964

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 2 de decembro de 2002 pola que se dispón o nomeamento de vocal en representación da Federación Nacional de Transportes, Comunicaciones y Mar de UGT (FNTCM-UGT) de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de Administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o presente nomeamento.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do Consello de Administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades ou organismos representados no Consello de Administración, polo que, vista a proposta de renovación realizada ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, pola Federación Nacional de Transportes, Comunicaciones y Mar de UGT (FNTCM-UGT) de Galicia en canto que organización sindical máis representativa no porto, e en canto que órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento de Mª Rosa Cores Reino como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, en representación da Federación Nacional de Transportes, Comunicaciones y Mar de UGT (FNTCM-UGT) de Galicia, en canto que organización sindical máis representativa no porto.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2002.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA