Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DA ÁREA INTERMUNICIPAL DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da asistencia técnica para o proxecto Compás-iniciativa comunitaria Equal.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Dependencia: proxecto Compás-iniciativa comunitaria Equal. Nº de expediente: PA 01/2002.

2. Obxecto do contrato: descrición: asistencia técnica para o desenvolvemento do proxecto Compás-Iniciativa comunitaria Equal.

Lugar: Mancomunidade de Vigo.

Prazo de execución: desde a data do contrato ata o 15 de xullo de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento licitación: 71.000 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Proxecto Compás-iniciativa comunitaria Equal.

Enderezo: avda. da Hispanidade, nº 17, 36203 Vigo. Teléfono: 986 42 33 66. Fax: 986 47 14 44.

Data límite para solicitar documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 do RDL 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no DOG. Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: ver punto 6 do anuncio.

9. Apertura das ofertas.

Lugar: Concello de Vigo (mesa de contratación), praza do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Data: primeiro martes seguinte ó día no que remate o prazo de presentación das ofertas.

Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Vigo, 28 de novembro de 2002.

Delfín Fernández Álvarez

Concelleiro delegado da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo