1. Obxecto do contrato: a execución das obras de iluminación pública no parque da Xunqueira.
2. Prazo do contrato: tres meses.
3. Prezo do contrato: 97.257,53 A.
4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso será de 1.945,15 A.
O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.
5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.
Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.
As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.
Vilagarcía de Arousa, 22 de novembro de 2002.
Joaquín J. Gago López
Alcalde