Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a realización das obras comprendidas no proxecto de construcción de dúas vías

de circulación en San Lázaro de acceso ás novas edificacións do Sergas, de acordo co proxecto elaborado por Andrés Perea Ortega, arquitecto.

Tipo de licitación: 244.362,04 A, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 3 meses contados a partir da data da acta de comprobación da implantación.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de vinteseis días naturais contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio. R/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Teléfono: 981 59 33 85.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría c.

Grupo G, subgrupo 3 e 4, categoría c.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no número 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde