Obxecto do contrato: é a realización das obras incluídas no proxecto de reurbanización da rúa e travesa dos Feáns, de acordo co proxecto elaborado polo Servicio Municipal de Proxectos e Obras.
Tipo de licitación: 535.670,76 A, IVE incluído.
Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 8 meses contados a partir da data da acta de comprobación da implantación.
Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.
Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de vinteseis días naturais contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.
Información: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.
Documentación: Copy Estudio. R/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Teléfono: 981 59 33 85.
Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.
Criterios de adxudicación: son os sinalados no número 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.
Garantías: provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2002.
José A. Sánchez Bugallo
Alcalde