Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 20 de decembro de 2002, acordou prestar aprobación inicial ó Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado por Ceinsa:

De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este período poida ser examinado e formularse as alegacións que se consideren oportunas. A documentación poderá ser consultada na casa consistorial, de 9 a 14 horas.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997 citada, e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, acordouse suspende-lo outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

De conformidade co disposto no artigo 120.1º do RPU, pódense outorgar licencias baseadas no réxime

vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

Pontecesures, 23 de decembro de 2002.

Manuel Luis Álvarez Angueira

Alcalde