Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

EDICTO.

Por Resolución da Alcaldía, do 29 de outubro de 2002, prestouse aprobación ó sistema de selección e ás bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administrativo de Administración xeral vacante no cadro de persoal deste concello e incluído na oferta de emprego público para o ano 2002.

-Persoal funcionario.

-Posto: auxiliar administrtivo; grupo D; escala Administración xeral.

-Nº de prazas: unha.

-Publicación íntegra das bases da convocatoria: BOP da Coruña nº 269, do 23 de novembro de 2002.

-Prazo de presentación de instancias: os quince días naturais seguintes ó da publicación do extracto da convocatoria no BOE.

-Sistema de selección: concurso-oposición.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos do concello.

Moeche, 25 de novembro de 2002.

Xulio Cribeiro García

Alcalde