Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2002, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria (anticipada), concurso público para a contratación do expediente. (Expediente 2/2003).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Número de expediente:

* C.P. 2/2003 (subministración).

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: subministración de subscricións de publicacións periódicas da bilblioteca do complexo hospitalario.

b) División en lotes e número: as empresas licitadoras poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.

c) Lugar de entrega: na biblioteca do complexo hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. Estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña).

d) Prazo de entrega: ve-lo punto 7.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

* C.P. 2/2003: 90.315 A.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre (ve-la folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

c) Localidade e código postal: Ferrol (15405).

d) Teléfono: 981 33 45 14.

e) Fax: 981 33 45 50.

f) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica, financeira, e técnica acreditaranse polo documento sinalado no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no punto 5 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

2º Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

3º Localidade e código postal: Ferrol (15405).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (C.P. 2/2003): 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

9. Apertura das proposicións.

a) Entidade: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

c) Localidade: Ferrol (15405).

d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: a partir das 10 horas.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibida a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 11 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. Será de 2.700 A.

Ferrol, 16 de decembro de 2002.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto

Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

y