Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se corrixen erros no prego de prescricións técnicas particulares que rexe para o concurso anunciado mediante Resolución do 5 de novembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición, por lotes, de talonarios de receitas oficiais para a prestación farmacéutica do Servicio Galego de Saúde (expediente S-276/2002); resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 229, do 27 de novembro de 2002.

Advertidos erros na táboa incluída no punto 7 (especificacións para a imprenta) do número 3º (características particulares para cada un dos lotes)

do prego de prescricións técnicas particulares que rexe para o devandito concurso,

DISPOÑO:

1. Que a información que se recolle na terceira fila da citada táboa, na que se establece:

Peso G/m250 mínimo80 mínimo80 mínimo80 mínimo,

se modifique, quedando como segue:

Peso G/m250 mínimo60 mínimo60 mínimo60 mínimo.

2. O prazo para presentación de ofertas para realización da subministración de referencia (52 días naturais contados a partir da data de envío do presente anuncio de corrección á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas), rematará o día 27 de xaneiro de 2003.

3. Apertura de proposicións: terá lugar ás 9 horas A.M. do sétimo día natural, contado a partir do día seguinte ó de remate de presentación de proposicións, na sala 2-1 do edificio administrativo da Consellería de Sanidade en San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2003.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos