Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTO DO SON

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Porto do Son, na sesión do día 18 de outubro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle do predio situado no Camiño Novo en Porto do Son, de acordo co proxecto presentado por Alfonso Figueiras Lojo, en nome e respresentación de Construcciones Alfonso Figueiras Lojo, S.L., redactado polo arquitecto Felipe Brandariz Cañas.

Notifica-lo acordo ó promotor do estudio de detalle e demais interesados, e publicalo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puido practicar.

Porto do Son, 25 de novembro de 2002.

Ramón Quintáns Vila

Alcalde