Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto e vía de urxencia, para a contratación de execución de obra.

Obxecto: execución do proxecto de acondicionamento do contorno natural das Furnas.

Orzamento: 91.870 euros.

Información: Secretaría Municipal-Negociado de Contratación.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral, Negociado de Contratación ata as 14 horas do día dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ortigueira, 17 de decembro de 2002.

Antonio Campo Fernández

Alcalde